PROGRAMA AGRO-EMPREGA: XORNADA INFORMATIVA DIRIXIDA A PRODUTORES DE HORTA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DO ALUMNADO EN EXPLOTACIÓNS DE HORTA DO TERRITORIO “MARIÑAS – BETANZOS”

“Agro Emprega”. Programa para a inserción laboral no sector agrario a través da recuperación de producións agrícolas tradicionais e outras demandas dos mercados. Dende primeiros do mes de xaneiro estase impartindo a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial de “Mariñas – Betanzos” a formación teórica e formación práctica do Programa AGRO-EMPREGA, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O Programa AGRO-EMPREGA está enmarcado nos Programas Integrados para o Empreso dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego, e ten como ámbito territorial de actuación os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne e Sada. O Programa AGROEMPREGA pretende dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre produción hortícola. Divídese en tres bloques: un primeiro de formación teórica (100 horas) que está practicamente rematado; un segundo bloque, doutras 100 horas, no que o alumnado está recibindo formación práctica nunha parcela experimental, e finalmente un último bloque de prácticas en entidades e/ou explotacións agrarias, cunha duración de 100 horas, onde o alumnado puidese facer prácticas non remuneradas en explotacións de horta dalgún dos concellos do ámbito territorial de “Mariñas – Betanzos”. O obxectivo final deste Programa, seria que as persoas que teñan rematado este curso e vexan a produción agraria como unha oportunidade laboral e puidesen incorporarse ao sector. Dende o GDR Mariñas – Betanzos, o Equipo técnico do Programa estase poñendo en contacto cos titulares de explotacións de horta do territorio, para ofrecerlle a citada posibilidade de acoller ao alumnado en prácticas, que inicialmente podería comezar entre os meses de abril e xuño de 2012. A este respecto, resulta importante informar que o alumnado estaría asegurado, e axustarían as súas tarefas e horarios ás demandas das explotacións. Por tal motivo, para poder explicar o funcionamento das prácticas deste Programa a todos os titulares de explotacións de horta do territorio e clarexar calquera dúbida que poidan xurdir, celebrarase unha Xornada informativa que se celebrará o MARTES 27 de MARZO de 2012, ás 19:30 horas, na Casa do Concello de Abegondo, á que están convidados máis de 80 titulares de explotacións da comarca.
MÁIS INFORMACIÓN DO PROGRAMA: http://www.proxectoagroemprega.blogspot.com/

Deixar un comentario