A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos leva dende o ano 2011 traballando no fomento da inserción laboral no eido agroalimentario a través dos Programas integrados para o Emprego impulsados dende a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
- 2015 – 2016 Programa BIO-EMPRENDE (TR332A/2015-0025). Preme neste enlace para acceder ao blogue: Enlace
- 2014 – 2015. Programa BIOSFERA – EMPREGA.
- 2013 – 2014. Programa RURAL – EMPRENDE (TR332A 2013 / 25 – 0). Preme neste enlace para acceder ao blogue: Enlace
- 2012 – 2013. Programa RURAL – EMPREGA (TR332A 2012/ 64 – 0). Preme neste enlace para acceder ao blogue: Enlace
- 2011 – 2012. Programa AGRO-EMPREGA (TR332A 2011/9 -0). Preme neste enlace para acceder ao blogue: Enlace
Deste xeito, dende o ano 2011 se está a proporcionar apoio á inserción laboral a un total de 335 persoas desempregadas, con actuacións centradas na formación teórico/practica, prácticas en empresas e intermediación laboral. Dende un primeiro momento, o eido agroalimentario supuxo o eixo fundamental a través do cal se articularon as diferentes actividades desenvoltas.