Resumo do proxecto

BIODIVERSIDADE

Ata a actualidade identificáronse no planeta preto de dous millóns de especies e estímase que o total existente podería chegar a dez millóns.

Toda esta riqueza de seres vivos que habitan o planeta podería definir de maneira sinxela o concepto de Biodiversidade. O conxunto de todos os ambientes ou paisaxes que a conforman e onde se desenvolve a vida chámase Biosfera.

Ilustracion_biodiversidade_2

Ambos conceptos son parellos e dependentes un do outro, polo que a súa permanencia no tempo depende da conservación do seu conxunto. Nas Reserva de Biosfera ponse a atención sobre ambos conceptos, polo que o desenvolvemento económico que se acade nelas, será sen menoscabo da conservación da biodiversidade existente.

RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

As Reservas de Biosfera, instauradas polo Programa MAB (Home e Biosfera) da UNESCO no ano 1974, son na actualidade unha rede de espazos onde a conservación do patrimonio cultural e os valores naturais van da man co desenvolvemento económico e social, sendo a poboación local o eixo vertebrador das mesmas.

Logo_Reserva_UNESCO_MAB_vectorizado

As Reservas de Biosfera son unha oportunidade clara para a aprendizaxe e a experimentación, na busca de construír un futuro partindo da nosa historia compartida e onde a sostibilidade adquire un papel protagonista, resultando imprescindible a colaboración dos diferentes axentes das comunidades locais, científicas e de investigación.

PROXECTO “BIODIVERSIDADE NA RESERVA DE BIOSFERA MCeTM: Identificación e seguimento de especies”

Dende o punto de vista da investigación científica, unha das recomendacións formuladas pola UNESCO, é a de establecer un sistema funcional de xestión e de observación permanente dos procesos socioeconómicos que se desenvolven nas Reservas. Polo tanto, a investigación e a aplicación dos coñecementos científicos conforman os piares na xestión das Reservas de Biosfera.

Titulo aplicacion_2_verde

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos promove o proxecto “Biodiversidade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Identificación e seguimeto de especies”, sendo o obxectivo principal do mesmo animar e facilitar a participación da poboación en xeral, e especificamente da poboación da Reserva, no proceso de recollida de datos e análise do estado da biodiversidade e o impacto das especies invasoras no territorio no territorio.

Para facer do proxecto unha realidade, foi necesaria a colaboración da Fundación FECYT, a través das axudas para o Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación do ano 2014 (FCT-14-8880), de AGADER e as Axudas do Programa LEADER Galicia 2007-2013, e da Deputación Provincial da Coruña, dentro do Programa FOENNA.

Logos_proxecto