Materiais divulgativos e de participación

Queres descubrir a riqueza natural da Reserva de Biosfera e colaborar na conservación e protección dos seus valores ambientais?

Pois a continuación poñemos á túa disposición unha serie de materiais e ferramentas divulgativas que che axudarán a identificar e coñecer mellor a diversidade biolóxica da Reserva e a participar na súa mellora e preservación.

  • Guía sobre biodiversidade, identificación e seguimento de especies na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Guia RB MCeTM

Guia

  • Manual sobre boas prácticas no manexo de especies exóticas invasoras.

Manual manexo especies invasoras

Portada_web

  • Aplicación para dispositivos móbiles da Reserva de Biosfera MCeTM.

Con ela podes:

  • Coñecer a biodiversidade que te rodea, as áreas naturais e os espazos protexidos da Reserva de Biosfera.
  • Participar e colaborar enviando fotografías de especies de valor natural, especies exóticas invasoras ou problemas ambientais que identifiques no territorio.
  • Obter información sobre puntos de interese, rutas de senderismo, concellos, turismo, noticias e eventos, a Asociación Mariñas-Betanzos e a Reserva de Biosfera MCeTM, etc.

Atópase dispoñible para Android e iOS

Aquí podes atopar uns vídeos explicativos sobre os contidos e as posibilidades que che ofrece a App:

Pantalla inicio

 

  • Lámina sobre as principais especies exóticas invasoras da Reserva de Biosfera.

Lámina

Lamina

  • Paneis divulgativos sobre a Reserva de Biosfera e as principais especies exóticas invasoras e os tratamentos máis axeitados para o seu control.

Panel 1. Reserva de Biosfera MCeTM

Panel 2. Flora invasora

Panel 3. Fauna invasora

Panel 4. Medidas de control

Advertisements