Resumo do proxecto

Plan Alimentario (2014-2017) da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

 portada

01_LOGOS-1

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” é un territorio que conta cunhas condicións climáticas e xeográficas moi satisfactorias para o desenvolvemento de gran diversidade de cultivos. Trátase dun territorio con case 190.000 habitantes e unha extensión de 1.139,7 km2 situado na periferia da Cidade de A Coruña. Esta situación supón unha clara oportunidade para ofrecer produtos locais e de proximidade, mantendo así un Sistema alimentario Local baseado na sustentabilidade e na xeneración de emprego no territorio.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, pretende desenvolver unha estratexia alimentaria na Reserva, que estimule a produción, transformación e consumo de produtos agroalimentarios locais e agroecolóxicos. Proponse para elo, o deseño dun Plan Alimentario Local 2014-2017 ligado ao crecemento sostible e o emprego verde, que conta con o apoio da Fundación Biodiversidad e do Programa LEADER.

O Plan Alimentario intégrase de maneira transversal en varias liñas do Plan Estratéxico de Xestión 2013-2017 da Reserva de Biosfera, convirtiéndose deste xeito nunha iniciativa de vital importancia para o desenvolvemento dos obxectivos globais da Reserva.

Para a identificación das principais liñas de acción e metas do Plan constituirase unha Comisión Técnica Alimentaria integrada por representantes dos principais axentes do sistema alimentario no territorio (produtores locais, empresas agroalimentarias, distribuidoras, grupos de consumo, asociacións de consumidores, restauradores, técnicos agrarios, centros de investigación, fundacións, etc.)

No Plan Alimentario 2014- 2017 acordaranse unhas recomendacións para apoiar e ampliar o Sistemas Alimentario Local superando osbstáculos existentes en canto a produción, comercialización e consumo sustentable. El Plan alimentario dará resposta aos principais retos do Sistema alimentario actual identificados na diagnose inicial e basarase nos acordos do Comité técnico alimentario centrándose principalmente nos seguintes principios:

  • Mellora do acceso a terra para produción agraria
  • Produción e consumo sustentable: produtos de temporada e proximidade
  • Agricultura ecolóxica e variedades locais
  • Canles curtas de comercialización: Comedores públicos e outros centros de consumo social, tendas locais e restaurantes do territorio.
  • Marca de calidade dos produtos da RB: promoción dos produtos locais vinculados estreitamente con a promoción do territorio e das súas peculiaridades, para lograr o pleno desenvolvemento das súas potencialidades económicas, sociais e culturais.
  • Soberanía alimentaria
  • Redución da pechada ambienta

Obxectivos da estratexia alimentaria:

Deseñar de forma participativa un Plan Alimentario para a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, baseado na conservación da biodiversidade, o fomento do consumo responsable e do emprego verde.

  1. Mellorar a gobernanza do Sistema Alimentario Local, xerando alianzas entre os axentes involucrados.
  2. Deseñar unha estratexia de mobilización de terras
  3. Animar a incorporación de novos produtores/as en ecolóxico.
  4. Impulsar a comercialización agroalimentaria en canles curtas.
  5. Fomentar o consumo responsable de produtos locais asociados á Marca “Reserva de Biosfera”

Actuacións a corto prazo:

Para lograr estes obxectivos, estas son las actuacións previstas a desenvolver no próximo ano enmarcadas no contexto do proxecto apoiado dende a Fundación Biodiversidad:

  1. Deseñar participativamente as necesidades e propor liñas de actuación a incluír no Plan alimentario 2014-2017
  2. Diagnose inicial do Sistema alimentario local actual. Documento dinámico no que se irá incorporando información recollida do traballo de la Comisión Técnica.
  3. Elaboración do mapa SIG de orientacións produtivas dos principais cultivos da Reserva de Biosfera
  4. Creación dunha Bolsa de Terras de produción
  5. Posta en marcha da Marca de calidade “Reserva de Biosfera” comezando con ás producións de horta, viño e lácteos.
  6. Animación de menús con produtos ecolóxicos e/ou asociados á Marca da Reserva en colexios e/ou comedores públicos.
  7. Acadar compromisos de compra- venta de produtos locais con tendas, mercados, restauración o entidades privadas e/ou públicas.
  8. Deseño de itinerario de inserción emprego- verde.
  9. Xornada de sensibilización sobre alimentación e a saúde

No seguinte enlace descarga o díptico do Programa: PROGRAMA

3453d-log-leader

e37c5-log-feader agader-medio-rural

Deixar un comentario