Comité Científico

O Comité Científico é un órgano consultivo que ten entre os seus obxectivos identificar e formular propostas, así como asistir á toma de decisións do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera e ao Comité Executivo. Este órgano consultivo proverá de información e análise, para validar a toma de decisións en canto á xestión da Reserva da Biosfera e sobre o grao de cumprimento dos seus obxectivos.

Serán funcións do Comité Científico:

  • Identificar as actividades de investigación e experimentación de interese para a Reserva da Biosfera.
  • Formular propostas para o financiamento de actividades de investigación e experimentación.
  • Desenvolvemento de actividades de investigación e experimentación, así como o seu seguimento e avaliación.
  • Asesorar na elaboración e posta en marcha dos Plans de Acción da Reserva da Biosfera.
  • Propoñer e/ou executar estudos e investigacións no ámbito da Reserva da Biosfera, enmarcados nos principios de Conservación, Desenvolvemento Sostible e Educación Ambiental.

 Composición do Comité Científico:

  • Poderán ser membros do Comité Científico aqueles especialistas que fosen propostos ben polo Consello de Dirección, ou ben por iniciativa das entidades da Comunidade Autónoma de Galicia que desenvolvan actividades de I+D+i coherentes cos obxectivos das Reservas da Biosfera.
  • Os membros do Comité Científico serán persoas de recoñecida solvencia adscritos a Universidades, Centros de Investigación e Centros de Transferencia Tecnolóxica, ou calquera outra entidade de carácter científico relacionada cos obxectivos da Reserva da Biosfera e acordes coas funcións establecidas para o propio Comité.
  • A inclusión dos membros do Comité Científico deberá ser aprobada polo Consello de Dirección, e contarán coa autorización das entidades ás que pertencen.
  • A participación no Comité Científico non derivará en emolumentos.

Os membros do Comité Científico se agruparan en 3 grandes áreas e cada unha terá un coordinador , nomeado polo Consello de Dirección:

  1. Área de Conservación, composta por especialistas en Biodiversidade, Custodia do territorio , Auga, Bosques , Medio Mariño e Litoral, Paisaxe e Xeoloxía, entre outros que se consideren de interese.
  2. Área de Desenvolvemento Sostible, composta por especialistas en Ordeación do Territorio e Infraestruturas, Agricultura, Gandería e Xestión forestal, Pesca e Marisqueo, Turismo, Economía e Desenvolvemento Local, Enerxías Renovables , Sostibilidade e Residuos, entre outros que se considere de interese.
  3. Área de Apoio Loxístico, composta por especialistas en Investigación e Observación, Formación e Capacitación, Educación Ambiental e Comunicación, entre outros que se considere de interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s