Comité de Participación

O Comité de Participación é o órgano consultivo creado con o obxectivo de asegurar a “Xestión Participativa”. Formará parte del os diferentes axentes privados interesados en participar activamente na consecución dos obxectivos da Reserva da Biosfera. As incorporacións a este Comité de Participación precisarán da solicitude motivada dirixida ao Presidente do Órgano de Xestión da Reserva da Biosfera, que a trasladará ao Consello de Dirección para a súa incorporación.

As funcións do Consello de Participación son:

  • Promover e garantir a participación dos axentes locais implicados e interesados na xestión e no desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera, así como articula os procesos de toma de decisións de “abaixo – arriba”.
  • Constituír un foro de debate e facilitar a interacción da poboación con as administracións, no marco da conservación ambiental e o desenvolvemento sostible.
  • Participar na elaboración e posta en marcha dos Plans de acción da Reserva.
  • Seguemento do logro dos obxectivos anuais.
  • Recoller as propostas dos seus membros có obxectivo de mellorar a xestión da Reserva da Biosfera.
  • Supervisar as actuacións levadas a cabo e o seu desenvolvemento.

 Os seus membros se reunirán como mínimo cada ano estará formado por representantes de:

  • As entidades conservacionistas que desenvolvan actividades no territorio.
  • As entidades de Custodia que desenvolvan actividades no territorio.
  • Entidades de Educación Ambiental.
  • As ONG’s e entidades de voluntariado ambiental.
  • As organizacións agrarias e do sector forestal.
  • As entidades do sector da pesca e do marisqueo.
  • As organizacións sindicais.
  • As organizacións empresariais.
  • As empresas e axentes do sector turístico.
  • As entidades culturais e veciñais.
  • As asociacións de caza e pesca.
  • As asociacións de persoas con discapacidade.
  • As asociacións xuvenís, de mulleres e maiores.
  • O sector das enerxías renovables e da xestión de residuos.
  • As organizacións con programas de Responsabilidade Social.
  • Calquera outra entidade relacionado con os obxectivos da Reserva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s