ACTA FUNDACIONAL DA “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS”
No edificio da Senra, Concello de Bergondo, o día 23 de xullo do ano 2008 sendo ás 19.00 horas, reúnense as seguintes persoas en representación de diversos colectivos segunda a táboa seguinte:
ENTIDADE | CONCELLO |
ASOC. PARA A RECUPERACIÓN, DEFENSA, PRODUCCIÓN E PROMOCIÓN DA GALIÑA PIÑEIRA | A CORUÑA |
ASOC. MARINEDA DE JÓVENES EMPRESARIOS | A CORUÑA |
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ASOCIACIONES COMARCALES DE EMPRESARIAS, PROFESIONALES Y EMPRENDEDORAS DE A CORUÑA (FEDACEPE) | A CORUÑA |
COLEGIO OFICIAL DE INGENIEROS TÉCNICOS INDUSTRIALES DE A CORUÑA (COETICOR) | A CORUÑA |
COLEXIO OFICIAL DE VETERINARIOS DE A CORUÑA | A CORUÑA |
FUNDACIÓN PARA O AVANCE CIENTÍFICO DA VETERINARIA EN GALICIA | A CORUÑA |
ASOC. PRO ENFERMOS MENTALES (APEM) | A CORUÑA |
ASOCIACIÓN ASPRONAGA | A CORUÑA |
ASOCIACIÓN DE PADRES PARA LA FORMACIÓN DE JÓVENES LÍMITE | A CORUÑA |
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS D MINUSVÁLIDOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA (COGAMI-CORUÑA) | A CORUÑA |
ONGD ECOS DO SUR | A CORUÑA |
CONCELLO DE ABEGONDO | ABEGONDO |
ASOC. QUEIXEIRAS DE ABEGONDO E COMARCA | ABEGONDO |
ASOCIACIÓN TERRA DAS MARIÑAS | ABEGONDO |
ASOC. DE CAZADORES DE ABEGONDO | ABEGONDO |
ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA Y CONSUMIDORES DE ABEGONDO | ABEGONDO |
ASOCIACION XUVENTUDE E NATUREZA | ABEGONDO |
ASOCIACION DE EMPRESAS DE SERVICIOS FORESTAIS DE GALICIA | AMES |
CONCELLO DE ARANGA | ARANGA |
VAL DE ARANGA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA | ARANGA |
CONCELLO DE ARTEIXO | ARTEIXO |
COOPERATIVA AGRARIA PROVINCIAL DE A CORUÑA, S. COOP. GALEGA | ARTEIXO |
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DEL POLÍGONO DE SABÓN – ARTEIXO | ARTEIXO |
ASOC. CULTURAL DEPORTIVA POLOS CAMIÑOS DE ARTEIXO | ARTEIXO |
ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS DE ARTEIXO | ARTEIXO |
CONCELLO DE BERGONDO | BERGONDO |
LUPULO TECNOLOGÍA DE GALICIA, S. COOP. GALEGA | BERGONDO |
ASOCIACIÓN DE ARTESÁNS AS MARIÑAS | BERGONDO |
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE BERGONDO | BERGONDO |
ASOCIACIÓN ELAS | BERGONDO |
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS PEDRAS BRANCAS | BERGONDO |
CONCELLO DE BETANZOS | BETANZOS |
ASOCIACIÓN DE COSECHEROS DEL VINO DE BETANZOS | BETANZOS |
ASOCIACION SECTORIAL DE VITICULTORES E ADEGUEIROS DE BETANZOS E COMARCA | BETANZOS |
SINDICATO LABREGO GALEGO | BETANZOS |
CLUB HAN´S HORANG-I | BETANZOS |
FUNDACIÓN COMARCAL DE BETANZOS | BETANZOS |
ASOCIACIÓN GALEGA FORMACIÓN, ENTORNO, MULLER E SOLIRADIDADE (AGAFEMES) | BETANZOS |
CLUB ATLETISMO AS MARIÑAS | BETANZOS |
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS LIAFAIL | BETANZOS |
CONCELLO DE CAMBRE | CAMBRE |
ASOC. DE EMPRESARIOS E EMPRESARIAS DE CAMBRE | CAMBRE |
FUNDACIÓN INDALI | CAMBRE |
LIMCO, S. COOP. GALLEGA INTERES SOCIAL | CAMBRE |
PLATAFORMA REPRESENTATIVA ESTATAL DE DISCAPACITADOS FÍSICOS DE GALICIA (PREDIF -GALICIA) | CAMBRE |
CLUB CICLISTA DE CAMBRE FRISONOBLE | CAMBRE |
ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS ANTONIA DANS | CAMBRE |
CONCELLO DE CARRAL | CARRAL |
ASOCIACIÓN CULTURAL “CULTURA ABERTA” | CARRAL |
CONCELLO DE CESURAS | CESURAS |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “SAN PEDRO DE BORRIFÁNS” | CESURAS |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CUTIÁN | CESURAS |
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE CESURAS | CESURAS |
CONCELLO DE COIRÓS | COIROS |
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DEL POLÍGONO DE COIRÓS | COIROS |
CONCELLO DE CULLEREDO | CULLEREDO |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN MARTÍN DE SÉSAMO | CULLEREDO |
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL O CRUCEIRO DE CELAS | CULLEREDO |
ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL SAN COSME | CULLEREDO |
ASOCIACION EMPRESARIOS DE CULLEREDO | CULLEREDO |
ASOCIACIÓN C0MERCIANTES CULLEREDO | CULLEREDO |
COMUNIDADE MONTES EN MAN COMÚN DE CASTELO | CULLEREDO |
ASOC. MESTURA PARA LA INTEGRACIÓN SOCIAL DE LOS INMIGRANTES Y EMIGRANTES | CULLEREDO |
CLUB AGRUPACIÓN DEPORTIVA E TEMPO LIBRE A PEDROSA | CULLEREDO |
ASOCIACIÓN HOSTALERIA DE CULLEREDO | CULLEREDO |
CONCELLO DE IRIXOA | IRIXOA |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN TIRSO DE AMBROA | IRIXOA |
C.M.V.M.C. EL RAÑO | IRIXOA |
CONCELLO DE MIÑO | MIÑO |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “A IRMANDADE DE BEMANTES” | MIÑO |
ASOCIACIÓN BAIXOI | MIÑO |
CLUB NAUTICO DE MIÑO | MIÑO |
CONCELLO DE OLEIROS | OLEIROS |
CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACION AMBIENTAL GALICIA (CEIDA) | OLEIROS |
CONCELLO DE OZA DOS RIOS | OZA DOS RÍOS |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CIS | OZA DOS RÍOS |
CONCELLO DE PADERNE | PADERNE |
ASOCIACIÓN CULTURAL, RECREATIVA E DEPORTIVA “A ROSEIRA” | PADERNE |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS COMUNIDADE PARROQUIAL DE SOUTO | PADERNE |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN PANTALEON DAS VIÑAS | PADERNE |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN ESTEBO DE QUINTAS | PADERNE |
ASOCIACIÓN O RABO DO GALO | PADERNE |
ASOCIACION CULTURA LIBRE DE PADERNE ROXIN ROXAL | PADERNE |
CONCELLO DE SADA | SADA |
ASOC. DE PARAPLÉJICOS Y GRANDES MINUSVÁLIDOS DE GALICIA (ASPAYM) | BERGONDO |
ASPACE | SADA |
CLUB DE REMO MARIÑEIRO FONTAN – SADA | SADA |
MEIGAS, ASOCIACION CULTURAL DE MULLERES | SADA |
COFRADIA DE PESCADORES DE SADA | SADA |
ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE SILVICULTORES DE GALICIA (SILVANUS) | SANTIAGO |
ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE LA INDUSTRIA 1ª TRANSFORMACIÓN DE LA MADERA DE LA CORUÑA | SANTIAGO |
FUNDACIÓN G-PRODIS | SANTIAGO |
ASOCIACIÓN PROFESIONAL XORNAGA | SANTIAGO |
SOCIEDADE GALEGA HISTORIA GALEGA | SANTIAGO |
ASOCIACIÓN COORDENADORA NACIONAL GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES | VIGO |
Todos eles maiores de idade [1] e con capacidade de obrar ACORDAN:
1. Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada “ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS – BETANZOS”, que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito da provincia da Coruña e terá o seu domicilio provisional no Edificio da Antiga Cámara Agraria de Abegondo , San Marcos, s/n 15318 Abegondo – A Coruña e na Rúa da Pescadería, nº1 – 1º 15300 Betanzos – A Coruña, sendo os seus fins principais:
- Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, persoas con discapacidade e colectivos de difícil inserción sociolaboral, así como a protección do ambiente e á creación de emprego.
- Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.
- Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose esta labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.
- Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.
- Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.
- Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.
- Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.
- Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.
2. Aprobar os estatutos polos que se vai rexer a asociación, lidos neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes, que se incorporan como anexo 1 a esta acta.
3. Aprobar o numero de representantes en Xunta Directiva de cada Mesa Sectorial, e elixi-lo órgano provisional de goberno da asociación, composto polos representantes de cada unha das Mesas Sectoriais nas que se organiza a asociación, segundo estatutos e que se relacionan de seguido, facultadas para a tramitación da inscrición da asociación no Rexistro correspondente de asociacións:
Mesa do Sector agrario, gandeiro e cooperativo (3 representantes).
- Sindicato Labrego Galego
- Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S.C.G.
- Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos
Mesa do Sector Forestal e da Madeira. (1 representante)
- Asociación Provincial de la Industria de 1ª transformación de la madera de A Coruña
Mesa de Asociacións e Colectivos de Mulleres. (1 representante)
- Asociación Elas
Mesa de Asociacións xuvenís e colectivos xuvenís (1 representante)
- Asociación xuventude e natureza
Mesa de Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS. (3 representantes)
- Asociación Val de Aranga
- Asociación O Rabo do Galo
- (pendente de nomear)
Mesa de Artesanía. (1 representante)
- Asociación de Artesáns As Mariñas
Mesa de Asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza. (1 representante)
- Asociación Cultural Libre de Paderne – Roxín Roxal
Mesa do Sector de turismo e hostalería. (1 representante)
- Asociación Hostalería de Culleredo
Mesa de Asociacións de empresarios multisectoriais (1 representante)
- Asociación de Empresarios de Culleredo
Mesa do Sector Institucional. (2 representantes)
- Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales de A Coruña (Coeticor)
- Colexio Oficial de Veterinarios de A Coruña
Mesa da Administracións locais (9 representantes)
- Concello de Abegondo
- Concello de Betanzos
- Concello de Cambre
- Concello de Coirós
- Concello de Culleredo
- Concello de Irixoa
- Concello de Oleiros
- Concello de Paderne
- (Pendente inclusión da Deputación Provincial de A Coruña)
Mesa da Pesca, marisqueo, acuicultura. (1 representante)
Cofradía de Pescadores de Sada
Mesa Colectivos de Interese Social, discapacidade e ONG´s (2 representantes)
Aspaym
Ongs Ecos do Sur
E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, cando son as 21,00 horas do día 23 de xullo de 2008.