Consello Dirección

As funcións do Consello de Dirección serán:

  • Promover, elaborar e aprobar a execución do Plan Acción da Reserva de Biosfera.
  • Analizar os condicionamentos económicos e sociais, tanto internos coma externos, da Reserva de Biosfera.
  • Identificar as oportunidades que se abren para a Reserva de Biosfera, e posibles liñas de actuación.
  • Velar polo cumpro dos obxectivos anuais do Plan de Acción.
  • Aprobar as actuacións a levar a cabo no marco do Plan de Acción da Reserva de Biosfera.
  • Aprobar os presupostos para a Reserva de Biosfera.
  • Vixiar que a xestión económica se faga de acordo aos presupostos aprobados.

Este Consello reunirá como mínimo unha vez cada ano, e estará formado por:

 

  • A Presidencia da Asociación Mariñas-Betanzos.
  • A Vicepresidencia da Asociación Mariñas-Betanzos
  • 1 representante de cada un dos Concellos que conforman a Reserva de Biosfera, caso de non estar xa representados e través da Presidencia e/ou Vicepresidencia.
  • 8 representantes das entidades sociais e económicas da Asociación “Mariñas-Betanzos”
  • 4 representantes da Xunta de Galicia (Consellarías con competencias en materia de Conservación da Natureza, Ordenación do Territorio e Paisaxe, Agricultura e Desenvolvemento Rural, así como Pesca e Medio Mariño).
  • 4 representantes da Deputación da Coruña.
  • 1 representante do Consorcio Das mariñas.
  • 1 representante do Ministerio con competencias en materia de Costas.
  • 1 representante das Entidades de Custodia que están a desenvolver a súa actividade no territorio.
  • 2 representantes do Comité Científico da Reserva de Biosfera.
  • 1 representante do Comité MaB de España.
  • 2 representantes do Comité de Participación.
  • O Xestor da Reserva de Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s