Descrición Reserva da Biosfera

ESTENSION DA RBA candidatura a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio.

A aprobación definitiva desta Reserva da Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013.

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña.

Municipios que conforman a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Poboación (ano 2015): 190.708 habitantes.

OPORTUNIDADES QUE OFRECE A RESERVA DA BIOSFERA:

  • Situar ao territorio “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” no mapa mundial.
  • Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
  • Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
  • Recuperación das actividades económicas tradicionais.
  • Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ao turismo sostible.
  • Xerar oportunidades de capacitación e formación.
  • Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao      desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
  • Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

 

LOGO MAB UNESCO

Un comentario en “Descrición Reserva da Biosfera

  1. Me gustaría que se publicitara más para un mayor conocimiento de la población. Somos afortunados los que habitamos en estas tierras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s