Medida Leader e o GDR 23 Mariñas-Betanzos

Leader 

Logo_LEADER

Leader é o  acrónimo  de “Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural”. Este programa responde á descentralización das políticas de desenvolvemento rural. O obxectivo é que as persoas que habitan nos territorios máis rurais de Galicia deixan de ser meros destinatarios destas políticas, para converterse en protagonistas do seu propio desenvolvemento.

As notas definitorias da metodoloxía Leader son as seguintes:Esquema_caracteristicas_Leader

 

Bases da Convocatoria

Bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER GALICIA.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160302/AnuncioO90-230216-0001_gl.pdf

A data límite de presentación da candidatura en AGADER é o 2 de xullo de 2016.  para elaborar e deseñar a estratexia de desenvolvemento local participativo co obxecto de adquirir a condición de GDR (Grupo Desenvolvemento Rural).

Territorio

Aínda que a nivel galego o número de GDR diminuíu de 31 a 24, o ámbito de “Mariñas-Betanzos” manterá practicamente a mesma extensión que no anterior período (2007-2013).

mapaleadergalicia2014-2020

O ámbito territorial a efectos do Programa LEADER que corresponde sería o do GDR 23: ABEGONDO, ARANGA, ARTEIXO, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE, CARRAL, COIRÓS, CULLEREDO, CURTIS, IRIXOA, OLEIROS, OZA-CESURAS, PADERNE E SADA. Quedan excluídas as entidades de máis de 6.000 habitantes: Arteixo; Betanzos; Perillo (Oleiros) e Sada.

ambito_gdr_14_20_sen comarcas

Logos_leader_etc