PLAN ALIMENTARIO 2014-2022
O Plan alimentario constitúese baixo o amparo dos axentes pertencentes ao sistema alimentario, a partir do traballo da Comisión técnica e as Mesas temáticas desde novembro de 2014 a xullo de 2015, cunha visión e uns obxectivos consensuados e compartidos por todos.
A Comisión Técnica Alimentaria está integrada por preto de 40 representantes dos principais axentes do sistema alimentario no territorio (produtores locais, empresas agroalimentarias, distribuidoras, grupos de consumo, asociacións de consumidores, restauradores, técnicos agrarios, centros de investigación, fundacións, etc.). (No anexo pódese consultar os axentes participantes no proceso.)
O 6 de novembro de 2014, data de presentación do proxecto, constituíse a Comisión Técnica do Plan alimentario, cuxa labor estivo centrada na identificación de liñas de acción para o desenvolvemento sostible do Sistema Alimentario Local.
É dicir, identificar, promover, validar e colaborar na implementación de estratexias e iniciativas vinculadas ao mesmo.
Dada a excelente resposta e interese dos axentes do territorio pola participación no proceso, conformáronse grupos temáticos de discusión nos que participaron un número máis reducido de persoas. Esta dinámica de grupo se repetiu en sucesivas xuntanzas os días 2 de decembro de 2014, 19 de marzo de 2015, 13 de maio de 2015 e 14 de xullo de 2015.
Ao longo de todos os pasos intermedios se ten contado coa participación dos principais actores implicados no territorio, o que deu como resultado un Plan participado e validado polos participantes.
Para consultar o documento premer no enlace: Plan Alimentario 2014-2022