Guía de Produtores

A Guía de Produtores Agroalimentarios da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo  pretende   dar   a   coñecer  os   produtos   agroalimentarios  da propia  Reserva  de  Biosfera   a  aquelas  persoas  ou  entidades   interesadas   no  consumo   en   circuítos   curtos   de   produtos  locais   de   calidade,  como  resultado  da  formulación  participativa  do  Plan  Alimentario.

A   Reserva   de   Biosfera    “Mariñas  Coruñesas   e   Terras  do  Mandeo”    está  considerada  como  unha  das  zonas  máis aptas  para  a   produción   agroalimentaria   de   Galicia.

No  territorio  atopamos  cultivos   con   variedades   tradicionais como  o tomate  Negro de  Santiago,  a Cebola e o Repolo de  Betanzos,  ou  as  uvas  das  variedades  de  Branco  Lexítimo e Agudelo,  recoñecidas pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) -Viño da Terra de Betanzos-.

A  Reserva  de  Biosfera  ofrece  un  amplo   abano  de   produtos   alimentarios:    Galiña  Piñeira,   Pan  de  Carral,   queixos, marmeladas,   plantas   aromáticas   e   medicinais   -como a  árnica  ou  a  stevia-,   etc.    Por   outro  lado,   as    producións agroecolóxicas   van   gañando   peso  nun  territorio   declarado   Reserva   de   Biosfera   que   aposta  por  un  sistema alimentario  máis  sostible.

Descarga a guía en galego ou en castelán. GUÍA DE PRODUTORES AGROALIMENTARIOS DA RESERVA DE BIOSFERA

VERSIÓN GALEGO

VERSIÓN CASTELÁN

mosaico_fotos

Advertisements

Un comentario en “Guía de Produtores

  1. Si se fai ben feira e consensuada si me apetece figurar, pola contra si se fai atolondrado e sin criterio non quero aparecer
    649475245 para calquera cousa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s