Proceso participativo no deseño da Estratexia

PROCESO PARTICIPATIVO PARA O DESEÑO DA ESTRATEXIA RURAL DO GDR 23 MARIÑAS-BETANZOS.

Imprimir

Calendario

A continuación podes consultar as datas dos próximos eventos e reunións que están abertos ao público e nos que podes colaborar e participar aportando as túas ideas e suxerencias:

 

Se queres participar e colaborar aportando ideas e valorando proxectos para a Estratexia de desenvolvemento rural Leader 2014-2020 do GDR-23 Mariñas-Betanzos, podes facelo de maneira presencial nas Mesas Temáticas abertas ao público que se celebrarán por diferentes concellos do territorio nas próximas semanas, ou a distancia cubrindo o formulario de participación.

Mesas Temáticas

Presentación Reunións Temáticas

Calendario Mesas Temáticas

Formulario de participación

 

Formulario_icono

 

 

 

 

Documentos de consulta

Estamos a elaborar a Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Traballaremos coas diferentes mesas sectoriais nas que están agrupadas todas as entidades socias da Asociación Mariñas Betanzos, co obxectivo de presentarlles as principais novidades deste Programa e o proceso a seguir na elaboración desta Estratexia.

mesa 1

Animámosvos a todas e a todos a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio, agardando poder contar cunha alta participación tanto das entidades asociadas ao GDR Mariñas Betanzos como de todas as interesadas en participar neste proceso e que queiran adherirse á nosa Asociación, como do público en xeral.

Para elo, temos elaborado unha ficha de participación social cun breve cuestionario da Estratexia de Desenvolvemento Rural do Programa LEADER 2014-2020.

Cubre a seguinte FICHA e envíanola a través do correo electrónico a info@marinasbetanzos.org

FICHA PARTICIPACIÓN SOCIAL LEADER

Se queres unha información máis detallada sobre o proceso podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 669 541 ou ben manda un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org.

 

Logos_leader_etc