Requisitos adhesión socios
GDR 23 ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS
- Poderán formar parte da Asociación como socios todos os colectivos, asociacións ou entidades legalmente constituídas. Non poderán formar parte da asociación as persoas
físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social:
cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais. - A documentación a presentar seguindo o disposto nos Estatutos da Asociación é:
- Modelo de solicitude debidamente cuberta dirixida á Presidencia da Asociación e na que se manifeste a intención de pertencer á entidade, expoñendo os motivos (ANEXO I).
- Certificado de representación na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos; a Xunta Directiva da entidade asociada deberá nomear un representante titular e outro suplente para asistencia ás diferentes reunións que poidan xurdir no GDR. (ANEXO II).
- Copia compulsada da Acta de Constitución da súa entidade.
- Copia compulsada dos Estatutos e/ou escritura pública no seu caso.
- Copia compulsada acreditación da súa inscrición no Rexistro correspondente.
- Copia compulsada Tarxeta de identificación fiscal.
- Memoria de actividades da entidade nos dous últimos anos.
(A documentación compúlsase gratuitamente na sede da Asociación, previo presentación documentos orixinais).
- Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de
actuación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada
no tempo en dito ámbito territorial. (Presentar memoria de actividades dos dous últimos anos). - As entidades con domicilio social no ámbito de actuación, deberán acreditar un ano
de actividade como mínimo. - A Presidencia dará traslado da solicitude á Xunta Directiva.
- En caso de observarse deficiencia na documentación presentada e, previo á emisión do
informe, a Presidencia requirirá á entidade interesada que corrixa a mesma dispoñendo dun prazo
de dez días hábiles, transcorridos os cales sen ser rectificados, se dará a solicitude por
desestimada, ditando a Presidencia a correspondente resolución. - A Xunta Directiva aprobará ou denegará a petición nun prazo non superior a dous meses,
contado a partir do día da presentación no Rexistro da Asociación. - A Xunta Directiva adscribirá á entidade solicitante a unha das mesas sectoriais, segundo o seu interese preferente.
- Se a solicitude é denegada, a entidade solicitante poderá recorrer ante a PRIMEIRA ASAMBLEA
XERAL que se celebre: (Solicitude por escrito á Xunta Directiva) e onde figure na Orde do día da mesma Asemblea a súa solicitude de admisión.
- Non se adquirirá a condición de entidade asociada mentres non se satisfaga a cota de entrada, que
establecerá a asemblea Xeral (non existe cota de entrada na actualidade).