PROGRAMA AGROEMPREGA: INICIO DO CURSO

A semana do día 9 de xaneiro tense iniciado o PROGRAMA AGROEMPREGA, nas instalacións cedidas polo Concello de Abegondo para a formación teórica.
Este proxecto está promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Conta coa participación de 100 alumnos/as distribuídos en 3 grupos, despois de facer unha selección entre uns 450 candidatos aproximadamente.
O Programa AGRO-EMPREGA está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego, e ten como ámbito territorial de actuación os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne e Sada.
A duración do Programa é de 6 meses. Iniciouse no mes de decembro de 2011 e rematará no mes de Xuño de 2012.
Con este Programa preténdese baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a produción hortícola, con clases teóricas presenciais e on-line.

Nunha segunda fase IMPARTIRASE a formación práctica que se desenvolverá nunha finca experimental situada na parroquia de Santa María de Vigo (Concello de Cambre).

Na TERCEIRA FASE, o alumnado formarase con produtores de horta que xa están traballando actualmente nos 16 concellos do ámbito territorial de Mariñas – Betanzos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s