PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO GDR MARIÑAS – BETANZOS: RURAL-EMPREGA

O Programa Rural-Emprega está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

DURACIÓN DO PROGRAMA
A duración do Programa Rural-Emprega será de 6 meses. Iniciarase no mes de Decembro de 2012 e rematará en Xuño de 2013.
COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO
  • Persoas desempregadas.
  • Mozos e mulleres.
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
  • Persoas inmigrantes.
  • Persoas con discapacidade.
QUE SE PRETENDE CON ESTE PROGRAMA?
O Programa Rural-Emprega pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN HORTÍCOLA e de AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS (marmeladas, conservas vexetais, sidra, viño) ECOLÓXICOS, con clases teóricas presenciais entre os meses de decembro e febreiro. Nunha 2ª fase trataríase de facilitar que o alumnado se formara con produtores que xa están traballando na actualidade nos nosos 18 concellos. 
Ademáis tamén haberá outra especialidade deste Programa, que será COWORKING E INICIATIVA EMPRENDEDORA, dirixida a 30 participantes que traballarán na xeración de iniciativas de emprego sostibles e que contarán con formación e apoio para o desenvolvemento dos plans de empresa.
Máis información no seguinte enlace:
http://proxectoruralemprega.blogspot.com.es/
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s