Plan de xestión 2013 – 2017

A candidatura a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” establece o Plan de Acción para o período 2013 –2022, aprobado pola UNESCO na declaración oficial da Reserva da Biosfera que foi acordada na XXV Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada na sede da UNESCO en París do 27 ao 30 de maio de 2013.

Na primeira reunión do Consello de Dirección da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, celebrada o día 18 de Xuño de 2013, acórdase traballar na elaboración dun Plan de Xestión (2013 –2017) a cinco anos que concrete as accións recollidas no Plan de Acción (2013 –2022). Este Plan de Xestión será froito da participación e consenso dos axentes do territorio e das entidades que participan na xestión e que teñen competencias na Reserva da Biosfera (a participación é un principio que se está a impulsar desde a UNESCO no desenvolvemento do Programa MaB). Hai que destacar o enfoque de abaixo a arriba na formulación deste Plan de Xestión, que será resultado do debate e a participación das Mesas Sectoriais e a Xunta Directiva da A.D.R.“Mariñas-Betanzos”, do Consello de Dirección, Comités Científico e de Participación, as Comisións Técnicas da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, así como o público interesado en xeral.

Este Plan de Xestión constitúe un plan de desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera, cuxa finalidade é establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento dos obxectivos das Reservas da Biosfera para o período 2013 –2017. A posta en marcha e desenvolvemento do Plan de Xestión (2013 –2017) vai a desenvolver a Visión compartida e a Misión da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

A Visión céntrase en fomentar a conservación do patrimonio natural e cultural que identifica a este territorio, a través da compatibilización dos usos e aproveitamentos sostibles da poboación local, que permita a mellora da súa calidade de vida dun modo sostible.

No seguinte enlace pódese descargar a versión definitiva do Plan de Xestión 2013-2017 da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

DESCARGA AQUÍ O PLAN DE XESTIÓN: PLAN DE XESTIÓN 2013-2017


LOGO RESERVA BIOSFERA          LOGO GDR MARIÑAS BETANZOS

Deixar un comentario