Rutas senderismo

Coñece a túa Reserva de Biosfera

Incribles paraxes naturais: ríos e rías, marismas, cantís, pequenas illas e praias do litoral, bosques e fragas, lagoas e encoros, agardan ao sendeirista que visite a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A través do seguinte visor, poderás coñecer o conxunto de Rutas de toda a Reserva de Biosfera, agrupadas en 5 temáticas:

  • Rutas da Costa.
  • Rutas Ciclistas.
  • Rutas Ornitolóxicas.
  • Rutas da Auga.
  • Ruta das Adegas do Viño da Terra de Betanzos.

Para máis información e poder planificar a túa xornada sendeirista, só ou en boa compaña; a pé, en bicicleta ou a cabalo; con carácter familiar ou adestramento ACCEDE Á CANLE DE Wikiloc da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A túa participación é fundamental:

¡¡Axúdanos a manter actualizado o estado das sendas!!

Envíanos os teus comentarios e suxerencias no propio canle de Wikiloc, ou ben, a través do correo electrónico info@marinasbetanzos.org co asunto ROTEIROS!!

Enmarcados nunha comarca na que predomina a auga, o entorno de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, permite desfrutar de sendas e camiños coas que mergullarse no corazón natural, patrimonial e monumental deste territorio.

Especial atención merecen os diferentes Espazos Naturais Protexidos (ZEC), incluídos na Rede Natura 2000, ademais de outras pequenas áreas naturais que lle atribúen unha gran riqueza natural e paisaxística.

A Reserva de Biosfera ofrece un amplo abano de sendas para todos os públicos, gustos e intereses.

Todos estos camiños permiten coñecer a fondo o territorio, ao tempo que ofrecen unha oportunidade de aprender a gozar da natureza,  observar as aves, descubrir a historia, a cultura e patrimonio ou degustar a ampla gama de produtos tradicionais e locais como os mexillóns de Lorbé, o Pan e as empanadas de Carral, os lácteos, as marmeladas, produtos hortícolas… que solos ou acompañados dunha boa cervexa artesá ou un viño da Indicación Xeográfica Protexida “Viño da Terra de Betanzos”, din que axudan a percorrer mellor as sendas: “[…] con pan e viño, faise o camiño”.

Mapa_Reserva de Biosfera_definitivo_3

Tamén podes descargar nos seguintes enlaces, tanto en galego como en castelán o mapa: SENDAS E CAMIÑOS NAS MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. A VÍA PER LOCA MARÍTIMA.

Descargar mapa en Galego

Descargar mapa en Castelán

Un comentario en “Rutas senderismo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s