Plan Alimentario (2014-2017) da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

 

IMAGEN PLAN ALIMENTARIO

O territorio da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” vive nos últimos anos un forte retroceso do sector agrario, con o conseguinte abandono de terras, a súa reforestación – sobre todo de eucalipto – e o seu posterior incremento do risco de incendios e a perda de biodiversidade.

Conscientes de esta realidade, a ADR Mariñas – Betanzos continuando coas liñas de acción iniciadas en torno ao fomento da inserción laboral no sector agroalimentario, plantexa a elaboración dun Plan Alimentario da Reserva e o seu área de influencia. Este estará baseado no compromiso dos seus axentes locais pola recuperación das variedades tradicionais e de fomento da agroecoloxía, así como o uso de canles cortos de comercialización que contribúan á potenciación das economías con baixas emisións de carbono.

Para a elaboración do Plan Alimentario se constituirá unha Comisión Técnica para identificar as metas a alcanzar e as liñas de acción que contribúan a impulsar o emprego-verde asociado ao consumo de productos alimentarios locais.

Obxectivos

O proxecto pretende, co apoio da Fundación Biodiversidade e do Programa LEADER, o desenvolvemento dunha estratexia alimentaria na Reserva que estimule a produción, transformación e consumo de produtos locais, coa posibilidade da súa posta en valor a través da Marca de Calidade “Reserva da Biosfera” que axude a desenvolver os circuítos curto como estratexia de comercialización.

Obxectivo xeral

Deseñar de forma participativa un Plan Alimentario para a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, baseado na conservación da biodiversidade, o fomento do consumo responsable e do emprego verde.

Obxectivos específicos

  1. Mellorar a gobernanza no Sistema Alimentario, xerando alianzas entre os axentes involucrados.
  2. Deseñar unha estratexia de mobilización de terras abandonadas para adicar á produción.
  3. Animar a incorporación de novos produtores/as en ecolóxico.
  4. Impulsar a comercialización agroalimentaria en canles curtas.
  5. Fomentar o consumo responsable de produtos locais asociados á Marca “Reserva da Biosfera”.

Actuacións a realizar

  1.  Elaboración do Mapa de orientacións produtivas do territorio.
  2. Deseño do Plan Alimentario (2014-2017) de xeito participativo.
  3. Constitución dunha Bolsa de terras para producir na Reserva.
  4. Deseñar un protocolo de acompañamento a emprendedor/a.
  5. Alcanzar compromisos de compra-venda de produtos locais.
  6. Animación de menús con produtos ecolóxicos nos colexios.

 

LOGO FUNDACION BIODIVERSIDAD

3453d-log-leader LOGO XUNTA CONSELLERIA DO MEDIO RURALLOGO AGADER HORIZONTALe37c5-log-feaderLOGO 431 B

LOGOS CONCELLOS CUADRADO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s