Xornada de Voluntariado Ambiental na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, en colaboración con Decathlon

  O vindeiro 25 de setembro tendes unha cita co medio ambiente. Realizaremos unha Xornada de Voluntariado Ambiental, a cal promove a Fundación Biodiversidad e Decathlon España, na que trataremos de explicar a problemática das especies invasoras, en concreto da herba da Pampa (Cortaderia selloana) e realizaremos unha xornada para o seu control ao longo…

V Semana de Custodia. Recuperando espazos naturais mediante a custodia do territorio.

Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, organiza a V Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se desenvolverán conferencias e accións de voluntariado ambiental. Esta quinta edición ten como eixo a recuperación…

Xornada sobre a Vacaloura (Lucanus cervus), especie do ano 2016 na Reserva de Biosfera MCeTM

  O Grupo Naturalista Hábitat, coa colaboración da Reserva de Biosfera, organiza un ano máis a III xornada da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, que neste 2016 centra a súa atención na Vacaloura (Lucanus cervus). O obxectivo desta iniciativa é o de achegar o coñecemento desta especie, así…

Vacaloura: Especie do Ano 2016 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Lucanus cervus (Linnaeus 1758), en galego vacaloura, escornabois ou aforcapitos, especie protexida por varios Convenios Internacionais, é a especie de escaravello máis grande de Europa. Dá nome á súa familia de coleópteros, Lucanidae, que inclúe unhas 1.000 especies en todo o mundo, pero só 17 en Europa e 9 na Península Ibérica. A Reserva de Biosfera…

Presentación do Programa de Participación Ambiental para o Seguimento Fenolóxico en Allariz

  Continuamos avanzando no Programa de Participación Ambiental para o seguimento fenolóxico de diferentes especies que están presentes nas Reservas da Biosfera de Galicia, e que estamos a desenvolver xunto co CEIDA e co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O pasado martes día 12 de abril, realizáronse diferentes…