Bolsa de terras

A asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” leva dende o ano 2011 traballando no fomento da inserción laboral no eido agroalimentario a través dos Programas integrados para o Emprego impulsados dende a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Dende un primeiro momento, o eido agroalimentario supuxo o eixo fundamental a través do cal se articularon as diferentes actividades desenvoltas. Así, dende a produción hortícola ecolóxica (cunha significativa potencialidade no territorio).

Desta maneira, ademais das oportunidades ligadas á conservación ambiental e dos recursos naturais, dito recoñecemento persegue o obxectivo dun desenvolvemento socioeconómico respectuoso co medio.

A propia candidatura da Reserva da Biosfera e por ende, o feito da súa aprobación leva parella un Plan de Xestión (2013 – 2017) cuxa finalidade é a de establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento dos obxectivos das Reservas da Biosfera 2013 – 2017. A visión proposta baséase no fomento da conservación do patrimonio natural e cultural a través da compatibilización dos usos e aproveitamentos sostibles por parte da poboación. Esta Reserva da Biosfera, mediante a participación dos seus poboadores, comprometeuse coa conservación dos recursos naturais a través dun modelo de desenvolvemento socioeconómico sostible que xere oportunidades para a igualdade social.

A experiencia recollida, grazas a o contacto diario tanto con promotores de proxectos LEADER como cos emprendedores participantes nos programas de formación e inserción laboral, ten permitido coñecer as principais necesidades de cara a poder materializar as ideas pretendidas. De maneira particular para o sector primario da produción hortícola, entre estas eivas reflíctense de maneira moi destacada as dificultades de acceso a terreos de produción así como o investimento necesario para o establecemento de estruturas para a produción agrícola.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s