ACTOS III ANIVERSARIO R.B. MCeTM

montaje home

Antecedentes

A candidatura da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio.

A aprobación definitiva desta Reserva de Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na XXV Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013.

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 116.724 hectáreas, que representan o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a única na provincia da Coruña.

Reserva da biosfera

Actos de celebración do III Aniversario da Reserva de Biosfera 

Para este ano 2016, os actos concentraranse no Concello de Sada, a petición do seu representante na Xunta Directiva da Asociación Mariñas- Betanzos, celebrada o 14 de decembro de 2015.

COMUNICACIÓN

ROLDA DE PRENSA PREVIA: 12 de maio de 2016 ás 11 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada.

ACTO DE PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL: 27 de maio de 2016 ás 12 horas no Paseo Marítimo de Sada.

DIFUSIÓN EN PRENSA de cada unha das diferentes actividades que se vaian realizando ao longo do mes de maio.

ACTIVIDADES

PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES “COÑECE A RESERVA DE BIOSFERA”23 de maio de 2016.

PLANTACIÓN SIMBÓLICA DE ÁRBORES AUTÓCTONOS COS ESCOLARES. 23 de maio de 2016 en Mondego.

CICLO DE CINE “BUTACA VERDE”

Butaca Verde 6 de maio

EXPOSICIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. Do 4 ao 31 de maio na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

Cartel Exposicion Biosfera

XORNADA: REDE MUNDIAL DE RESERVAS DE BIOSFERA “TENDENDO PONTES”. 26 de  maio de 2016

XORNADA 26 DE MAIO

CONCURSO DE VIDEOS III ANIVERSARIO DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO. PRAZO 23 DE maio de 2016 Bases_Concurso de Vídeos_Aniversario RB_firmado

EXPOSICIÓN E EXALTACIÓN DE PRODUTOS DA RESERVA DE BIOSFERA. 28 e 29 de maio de 2016. 

CATA COMENTADA DE PRODUTOS DA RESERVA. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS. 27 de maio de 2016.

ANDAINA DA BIOSFERA. “A RITMO DE MARCHA NÓRDICA”. 22 de maio de 2016.

“A ritmo de marcha nórdica na Reserva de Biosfera MCeTM”
Celebrarase unha Andaina pola Reserva de Biosfera a ritmo de marcha nórdica, un exercicio físico novedoso, sinxelo, saudable e seguro que se está a convertir nunha opción de turismo sostible cada vez máis demandada pola sociedade. Todo esto, nun ambiente social, distendido, relaxado e divertido para os participantes.

  • Data: domingo 22 de maio de 2016.
  • Lugar de saída: Paseo Marítimo de Sada (Cerca da subida ó Castelo de Fontán, polas escaleiras do Paseo Marítimo).
  • Hora de comezo: 10.00 horas.
  • Hora de finalización: 13.15 horas.
  • Ruta: PR-G 96 Costa Doce: Tramo de Ruta ata a Igrexa de Carnoedo. (Ida e Volta)
  • Metodoloxía:

1º) Iniciación á técnica de Nordic Walking (NW): manexo de bastóns, importancia da técnica e os seus beneficios para a saúde.
Duración aproximada: 35 minutos.
2º) Ruta de 6 km (3 km de ida e 3 km de volta) pola ruta PR-G 96 Costa Doce: comezarase no Castelo de Fontán, ata a Igrexa de Carnoedo. (percorrido de ida
e volta).

Inscricións: oficinadeturismo@concellodesada.com

O cupo de participantes será de 30 persoas. (Previa inscrición)

  • Tempo estimado da actividade: 3 horas aproximadamente.
  • Contacto (en caso de dúbidas a nivel organizativo): 677 53 35 36 (Cecilia García Carrara).

Para o desenvolvemento da Andaina, se entregarán bastóns e haberá dous monitores deportivos para toda a actividade.
Marcha Nórdica_RB

VISITAS TEMÁTICAS POLO CONCELLO DE SADA

MARATÓN ORNITOLÓXICA DA RESERVA DE BIOSFERA 28 DE maio de 2016

CONCURSO DE FOTOGRAFIA III ANIVERSARIO DE DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO Bases Concurso de Fotografía_Aniversario RB_firmado

 NO SEGUINTE ENLACE PÓDENSE VER TODAS AS ACTIVIDADES DETALLADAS E DATAS E HORARIOS:

Programa de Actividades_III Aniversario RB_DEFINITIVO