XXV Semana Micolóxica de Cambre 2016

Do 3 ao 7 de outubro celebrarase en Cambre a XXV Semana Micolóxica, na que se organizan faladoiros nos que se tratará desde a introdución ao mundo dos cogomelos ata a súa preparación e aproveitamento como produto gastronómico. Ademais o programa de actividades contará cunha saída de campo e unha exposición.

 

cartel_-xxv-_-semana-micoloxica

 

  • Faladoiros:
    – Luns, 3 outubro, Casa da Cultura, Vila Concepción. Introdución, Purificación Lorenzo
    – Martes, 4 de outubro, Casa da Cultura, Vila Concepción. Micoloxía segura no campo e na mesa, Tomás Rodríguez
    – Mércores, 5 de outubro, Casa da Cultura, Vila Concepción. Os cogomelos máis comúns, Luís Cuba
    – Xoves, 6 de outubro, Casa da Cultura, Vila Concepción. Ascomicetos, Xosé Manuel Marcote
    – Venres, 7 de outubro, Aula de Cociña Portomuiños, Praza Casares Quiroga, Urbanización da Barcala. Obradoiro de cociña, Tino Otero

As inscricións realizaranse ata o 24 de setembro.

Para máis información pódese consultar o Programa ou chamar ao 981 613 193.

 

Deixar un comentario