IV MOSTRA DE VIÑOS DA TERRA E PRODUTOS DAS MARIÑAS

Os días 17 e 18 de setembro celebrarase na Praza dos Irmáns García Naveira (concello de  Betanzos) a 4ª Edición deste evento, que pretende ser o escaparate dos produtos agroalimentarios de calidade que se están a producir nos 17 concellos que conforman a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Neste evento haberá actividades diversas, como visitas guiadas, talleres de degustación, así como obradoiros de elaboración de produtos artesáns .
cartel-iv-mostra
Os dous días da Mostra, haberá Bonos degustación, animación musical, polbo á feira e nos acompañará o autobús de Granjas Campomayor, no cal se cociñarán diversos pratos con produtos do territorio declarado Reserva de Biosfera.
Nesta Mostra participan cinco adegas adheridas a I.X.P. “Viño da Terra de Betanzos”: Adegas Bescansa, Adega Codeseira, Bodegas Rilo, Casa Beade e Conexión Mandeo. Poderás mercar produtos de: Daterra, Olor y sabor, Granxas de Lousada, Panadería Da Cunha,  Asociación de Queixeiras de Abegondo, Bico de Xeado, A Despensa das Abellas, As Camposeiras, Bandúa. Cervexa Artesá, Bico de Xeado, Cerveza Artabria, Lutega, Lúpulo Gallego, Lola Puñales, Orballo, Produtos Vía Láctea, Casa do Queixo, Queixería o Brexeo, Vangandr, Frutas Geixade e Plantas de Piadela.
Este ano contaremos coa cociñeira Estrella Michelín, Beatriz Sotelo (Restaurante A Estación de Cambre) e coa sumiller Sonia Molero para coñecer e degustar as posibilidades do maridaxe e dos produtos do territorio.

Descarga o programa para máis información: PROGRAMA 

 
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s