Xornada sobre a Vacaloura (Lucanus cervus), especie do ano 2016 na Reserva de Biosfera MCeTM

 

O Grupo Naturalista Hábitat, coa colaboración da Reserva de Biosfera, organiza un ano máis a III xornada da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, que neste 2016 centra a súa atención na Vacaloura (Lucanus cervus).

O obxectivo desta iniciativa é o de achegar o coñecemento desta especie, así como ampliar a información sobre a súa distribución na nosa comunidade, e en especial no territorio da Reserva de Biosfera.

Deste xeito, o vindeiro sábado 10 de setembro en horario de 10 a 14 horas, na Aula da Natureza Juan Lembeye, Culleredo, terá lugar a Xornada sobre a Vacaloura, onde se poderá coñecer en profundidade esta especie, o conxunto da orde dos Coleópteros, a súa relevancia no noso medio natural e a importancia da súa investigación.

 

Diapositiva 1

A participación é gratuíta, sendo imprescindible a inscrición previa para a reserva de praza a través da páxina web de Hábitat.

Máis información no 981 135 014, en inscricion@gnhabitat.org ou na páxina web

Cartel

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s