Calendario próximas reunións temáticas Programa LEADER 2014-2020 GDR 23 Mariñas Betanzos

Dende a Asociación Mariñas Betanzos estase elaborando e deseñando  a estratexia de desenvolvemento local participativo co obxecto de adquirir a condición de GDR (Grupo Desenvolvemento Rural) como entidade colaboradora do programa LEADER, motivo polo que estamos informando a todas as entidades/asociacións e público en xeral do territorio e solicitando a colaboración da poboación para recoller propostas e suxerencias para  elaborar este documento o máis aproximado á realidade do territorio.

Por tal motivo, están programadas en diferentes concellos do territorio para os vindeiros días diferentes reunións temáticas, co obxecto de recoller novas ideas e proxectos para seguir incorporando ao documento da Estratexia LEADER do GDR 23 Mariñas Betanzos, na que nos gustaría contar coa colaboración de todas as entidades socias do GDR Mariñas Betanzos, convidándoas a participar nestas reunións.

Sería recomendable que as entidades asociadas puideran asistir as reunións da temática máis axeitada a súa experiencia, idea, coñecemento…. Aínda que, todas estas reunións están abertas ao público en xeral.

Para calquera aclaración pode poñerse en contacto co GDR Mariñas Betanzos 981669541 ou a través do correo electrónico info@marinasbetanzos.org

Calendario Mesas Tematicas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s