Síntese da Reunión de Xunta Directiva da Asociación Mariñas Betanzos

Na Xuntanza celebrada o pasado luns día 11 de abril, no Salón de Plenos do Concello de Abegondo tratáronse entre outros temas, a proposta de modificación de Estatutos da Asociación para adaptar o funcionamento da Asociación Mariñas – Betanzos como ente colaborador do Programa LEADER 2014-2020, adaptándose aos requirimentos da Medida Leader Galicia (2014-2020).
Por outra banda, tamén aprobouse que se convocaran novas eleccións de membros da Xunta Directiva, xa que nas bases reguladoras do LEADER fíxase un número máximo de 21 membros na Xunta Directiva da Asociación.
Por tal motivo, durante este mes de abril e principios de maio, temos previsto convocar ás mesas sectorais, onde entre outros asuntos, estaría a renovación da Xunta Directiva e a Candidatura LEADER 2014-2020, que temos que presentar na Xunta de Galicia antes do 2 de xullo de 2016.
Nesta reunión de Xunta Directiva, tamén acordouse a data da ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DA ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS, prevista para o día 9 de maio de 2016, no Centro Sociocultural de A Senra (Concello de Abegondo), onde se aprobaría se procede, a nova composición de Xunta Directiva e os seus cargos; así como a proposta de modificación de Estatutos, que terán que ser envíados ao Rexistro de Asociacións para a súa aprobación definitiva.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s