Presentación do Programa de Participación Ambiental para o Seguimento Fenolóxico en Allariz

 

Continuamos avanzando no Programa de Participación Ambiental para o seguimento fenolóxico de diferentes especies que están presentes nas Reservas da Biosfera de Galicia, e que estamos a desenvolver xunto co CEIDA e co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

O pasado martes día 12 de abril, realizáronse diferentes presentacións na Reserva de Biosfera Área de Allariz, e nas vindeiras datas continuaremos traballando nas outras Reservas de Biosfera de Galicia.

Trataremos de facer que rapaces e rapazas das 6 Reservas de Biosfera de Galicia se convirtan en vixías ambientais, realizando o seguimento de distintas especies de flora e fauna e observando como inflúe nelas o cambio climático. Para elo contarán ademáis co apoio bibliográfico das nosas maletas viaxeiras, que recollen diferentes guías de flora e fauna coas que aprenderán a identificar debidamente as especies presentes no territorio.

Xúntase a nota de prensa que publicaron no diario “La Región” de Ourense:
http://www.laregion.es/articulo/allariz/reserva-biosfera-busca-vigias-ambientales/20160413084014614525.html

Máis información sobre o proxecto: http://www.ceida.org/grupo-traballo-das-reservas-da-biosfera-galicia/proxecto-fenoloxico.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s