INICIO DO PROCESO PARTICIPATIVO PARA DESEÑO DA ESTRATEXIA RURAL DO GDR 23 MARIÑAS BETANZOS.

leader

O día 2 de marzo de 2016 ten saído publicado no DOG a “Resolución do 11 de febrero de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febrero de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexías de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER GALICIA E para a concesión da axuda preparatoria , cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección”, que se pode ver no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160302/AnuncioO90-230216-0001_gl.pdf

Segundo esta resolución hai un prazo de catro meses (a data límite para presentar a documentación en AGADER é o 2 de xullo de 2016) para elaborar e deseñar a estratexia de desenvolvemento local participativo co obxecto de adquirir a condición de GDR (Grupo Desenvolvemento Rural) como entidade colaboradora do programa LEADER para os vindeiros 6 anos.

En relación ao noso territorio “Mariñas Betanzos”, conseguimos manter o noso Grupo, quedando limitado o número de GDR a 24 fronte aos 31 existentes no período anterior en toda Galicia.

O ámbito territorial a efectos do Programa LEADER que nos corresponde sería o do GDR 23: ABEGONDO, ARANGA, ARTEIXO, BERGONDO, BETANZOS, CAMBRE, CARRAL, COIRÓS, CULLEREDO, CURTIS, IRIXOA, OLEIROS, OZA-CESURAS, PADERNE E SADA. Quedarían excluidas as entidades que superen os 6.000 habitantes, segundo esta resolución: Arteixo (Arteixo); Betanzos (Betanzos); Perillo (Oleiros) e Sada (Sada).

Informar que estamos iniciando o deseño e elaboración da Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos, da que pretendemos que sea coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Traballaremos coas diferentes mesas sectoriais nas que están agrupadas todas as entidades socias da Asociación Mariñas Betanzos, co obxectivo de presentarlles as principais novidades deste Programa e o proceso a seguir na elaboración desta Estratexia.

Animámosvos a todas e a todos a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio, agardando poder contar cunha alta participación tanto das entidades asociadas ao GDR Mariñas Betanzos como de todas as interesadas en participar neste proceso e que queiran adherirse á nosa Asociación, como do público en xeral.

Para que todas e todos podades aportar as vosas ideas, temos elaborado unha ficha de participación social cun breve cuestionario da Estratexia de Desenvolvemento Rural do Programa LEADER 2014-2020.

Cubre a seguinte FICHA e reenvia a través do correo electrónico a info@marinasbetanzos.org

FICHA PARTICIPACIÓN SOCIAL LEADER

Se queres unha información máis detallada sobre o proceso podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 669 541 ou ben manda un mail a info@marinasbetanzos.org.

Seguiremos informando…..

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s