Xornada sobre aproveitamentos forestais alternativos

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común “O Raño” (Irixoa), coa colaboración do Concello de Irixoa e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza a “Xornada sobre aproveitamentos forestais alternativos”, prevista para os días 30 (de 9:30 a 18:15 horas) e 31 (de 9:00 a 20:00 horas) de xaneiro.

Cartel

 

A xornada está especialmente dirixida a propietarios de terras, comunidades de montes, traballadores, técnicos e profesionais nos eidos agropecuario, forestal e medioambiental e público interesado. Na mesma, buscarase identificar e coñecer actividades complementarias ao aproveitamento madeireiro do monte, que posibiliten unha rendibilidade económica, social e ambiental acorde co seu potencial. Contarase coa participación de diferentes personalidades con ampla experiencia na temática. Ademais o domingo realizarase unha visita a experiencias demostrativas en Caldas de Reis (Pontevedra) e Friol (Lugo) (ver Programa).

O prezo será de 15 € pola xornada do sábado 30 (incluída a comida) e de 25 € pola xornada do domingo 31 de xaneiro (incluída comida, desprazamento e seguro).

A inscrición previa realizarase mediante o teléfono 698 160 480 e/ou no correo electrónico mvmcmonterano@gmail.com.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s