Biodiversidade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

As Reservas de Biosfera, instauradas polo Programa MAB (Home e Biosfera) da UNESCO no ano 1974, son na actualidade unha rede de espazos onde a conservación do patrimonio cultural e os valores naturais van da man co desenvolvemento económico e social, sendo a poboación local o eixo vertebrador das mesmas.

Logo_Reserva_UNESCO_MAB_vectorizado

As Reservas de Biosfera son unha oportunidade clara para a aprendizaxe e a experimentación, na busca de construír un futuro partindo da nosa historia compartida e onde a sostibilidade adquire un papel protagonista, resultando imprescindible a colaboración dos diferentes axentes das comunidades locais, científicas e de investigación.

PROXECTO “BIODIVERSIDADE NA RESERVA DE BIOSFERA MCeTM: Identificación e seguimento de especies”

Dende o punto de vista da investigación científica, unha das recomendacións formuladas pola UNESCO, é a de establecer un sistema funcional de xestión e de observación permanente dos procesos socioeconómicos que se desenvolven nas Reservas. Polo tanto, a investigación e a aplicación dos coñecementos científicos conforman os piares na xestión das Reservas de Biosfera.

Titulo aplicacion_2_verde

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos promove o proxecto “Biodiversidade na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Identificación e seguimeto de especies”, sendo o obxectivo principal do mesmo animar e facilitar a participación da poboación en xeral, e especificamente da poboación da Reserva, no proceso de recollida de datos e análise do estado da biodiversidade e o impacto das especies invasoras no territorio no territorio.

Para facer do proxecto unha realidade, foi necesaria a colaboración da Fundación FECYT, a través das axudas para o Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación do ano 2014, de AGADER e as Axudas do Programa LEADER Galicia 2007-2013, e da Deputación Provincial da Coruña, dentro do Programa FOENNA.

Logos_proxecto

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s