Terceira Xornada de Abastecemento Rural

“Xestión de pequenos abastecementos e medidas de protección de captacións de auga para consumo humano”

Actualmente en Galicia 650.000 persoas consumen auga a través de solucións autónomas mediante un modelo de xestión que se mantivo vixente sen a intervención das administracións. Así, son os usuarios os que voluntariamente e baixo a súa responsabilidade, deben proceder á comprobación da calidade das suas augas e, si é necesario, poñer remedio a eventuais afeccións.

Dentro do Plan de Xestión “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” (2013-2017) establecense as liñas de actuación concretas para o cumprimento dos obxectivos das Reservas de Biosfera. Unha das prioridades marcadas neste documento sinala a mellora da calidade de vida das poboacións, fomentando as boas prácticas no abastecemento de auga en núcleos rurais con insuficiente capacidade de subministro. Esta actuación contempla traballos de divulgación e promoción dirixido á poboación local, marco no que está incluído a colaboración na organización desta xornada.

Así a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas colabora na organización desta terceira  xornada de abastecemento rural do Concello de Abegondo, enmarcada dentro do Programa LIFE RURAL SUPLLIES, e que ten como colaboradores á Comisión Europea, Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade.

Esta xornada celebrase no Edificio do Concello de Abegondo, o próximo venres 3 de decembro en horario de mañá e tarde.

Para inscricións e máis información:

Isabel Manteiga: isabel.manteiga@abegondo.es 981 647 909

Carlos Ameijenda: carlosameijenda@gmail.com 981 647 909

Isabel Eiriz: info@marinasbetanzos.org 981 669 541

PROGRAMA

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s