TALLER PARTICIPATIVO NO CATALOGO DAS PAISAXES DE GALICIA. ÁREA PAISAXÍSTICA GOLFO ÁRTABRO

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia aposta pola participación pública na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Esta iniciativa xorde da profunda convicción de que nin os maiores expertos en paisaxe coñecen tan ben o territorio e todas as paisaxes galegas como as persoas que os habitan. Resulta fundamental contar coa poboación nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio dende as primeiras etapas. Ésta é unha boa oportunidade para implicarse coa Paisaxe Galega dende a fase de elaboración do Catalogo das Paisaxes de Galicia.

Por tal motivo, precisan da axuda e colaboración de todas as persoas e institucións do territorio, para que aportemos o coñecemento do territorio e das paisaxes cotiás e aportemos opinións acerca das mesmas, dende as primeiras etapas do proceso de elaboración do Catálogo.

Para elo, o próximo sábado día 31 de outubro de 10 a 14 horas no CENTRO ÁGORA, Sala 9 (Lugar da Gramela, nº17 15010 A Coruña) celebrarase o TALLER PARTICIPATIVO NO CATALOGO DAS PAISAXES DE GALICIA CORRESPONDENTE Á AREA PAISAXÍSTICA GOLFO ÁRTABRO, que contará coa presenza da Directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé Riveira, o Arquitecto Paisaxísta José Crespí Rodríguez,  Creus e Carrasco Arquitectos, a Concelleira  de Participación e Innovación Democrática de A Coruña, entre outros.

Este taller de participación pública inclúe a presentación e explicación do proxecto do Catálgo das Paisaxes de Galicia, a concienciación e sensibilización sobre cuestións relacionadas coa paisaxe, o debate sobre a paisaxe en Galicia e sesións prácticas de traballo desti´nados á localización de lugares de interese paisaxístico, valores paisaxísticos e áreas degradadas.

Convidan a todas as persoas interesadas e entidades do territorio a participar neste taller o sábado 31 de outubro, así como no Deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia a través das diferentes accións participativas deseñadas polo LABORATE da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente.

A inscrición e gratuíta, tendo de prazo ata o venres día 30 de outubro para enviar os datos ao correo electrónico: paisaxegolfoartabro@gmail.com ou ben chamar ao teléfono 981 669 541.

31102015 Programa_TALLER PAISAXEv3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s