III MOSTRA DE VIÑOS DA TERRA E PRODUTOS DAS MARIÑAS

iniciativaxove
Os días 12 e 13 de setembro celebrarase na Praza dos Irmáns García Naveira (Concello de  Betanzos) a 3ª Edición deste evento, que pretende ser o escaparate dos produtos agroalimentarios de calidade que se están a producir nos 17 concellos declarados Reserva de Biosfera pola UNESCO. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Neste evento haberá actividades diversas, como visitas guíadas; conferencias (a avespa asiática; a stevia…; taller de elaboración de queixo; de produtos ecolóxicos de hixiene.
E ademais os dous días da Mostra, haberá Bonos degustación, animación musical, polbo á feira, a I Concentración de Vehículos Clásicos Cidade de Betanzos.
Nesta Mostra participan as seis adegas adheridas a I.X.P. “Viño da Terra de Betanzos”: Adegas Lorenzo Bescansa; Bodegas Eladio; Bodegas Rilo; Casa Beade; Codeseira; Viña Ártabra).
Poderás mercar produtos de A Despensa das Abellas; Artexana Mondi; Asociación de Queixeirs de Abegondo; Bandúa. Cervexa Artesá; Bico de Xeado; Casa do Queixo; Eira Corazón de Orxo. Cervexa Artesá; Granxas de Lousada, S.C.; Helados Gael; Hello Cakes (repostería artesá); Labrecos; La Huerta de Antía; Lúpulo Gallego, S.L.; Lutega. Tecnoloxía de Galicia; Meigamoura; Orballo Innovaciones Forestales.

A III Mostra de Viños da Terra e Produtos das Mariñas foi impulsada por mozos e mozas voluntarios do territorio que traballaron para a coordinación e organización deste evento co Concello de Betanzos, coa Asociación Mariñas Betanzos, así como coas distintas entidades do territorio implicadas na súa execución.

O xoves 10 de setembro ás 13:00 horas (Salón Azul, Edificio Liceo en Betanzos)  Presentarase aos medios de comunicación esta Mostra.

Como novidade este ano contaremos co cociñeiro Estrella Michelín, Xoán Crujeiras (Restaurante A Estación de Cambre), o cal intentará coñecer de primeira man qué produtos podería utilizar no seu taller de cociña que ofrecerá o domingo na Mostra.

Descarga o programa para máis información: PROGRAMA 

Cartel 2015
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s