Obradoiros sobre a Biodiversidade na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Desde a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, xunto co Grupo Naturalista Hábitat, estamos organizando dúas actividades para fomentar o coñecemento e identificación dos espazos naturais e as especies de maior valor ambiental existentes na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A primeira das xornadas desenvolverase o sábado 11 de xullo de 9:00 a 12:00 horas da mañá, no contorno da ría do Burgo, centrándose no eido da ornitoloxía, ciencia dedicada ao estudo das aves. Na mesma, os asistentes aprenderán a manexar material óptico (prismáticos e telescopios) e guías de campo, así como a recoñecer e diferenciar as diversas especies de aves que se poden atopar neste espazo, formado pola desembocadura do río Mero.

A segunda das actividades levarase  a cabo o domingo 12 de xullo de 10:00 a 13:00 horas, no monte Xalo. Esta xornada buscará poñer en valor as especies de flora e fauna presentes neste espazo natural, afondando no coñecemento, estudo e protección da Saramaganta (Chioglossa lusitanica), declarada “Especie do ano 2015 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

A asistencia é gratuíta pero as prazas son limitadas. As inscricións poden realizarase a través do teléfono 981 669 541 ou por correo electrónico a info@marinasbetanzos.org.

Os puntos de encontro serán: o paseo da ría, á altura do Xardín Botánico e Aula da Natureza Juan Lembeye (Culleredo)  o sábado ás 9:00 horas, e a Igrexa de Santa María (Celas de Peiro, Culleredo) o domingo ás 10:00 horas.

Para máis información consultar o enlace:

https://www.google.com/maps/d/viewer?usp=sharing&mid=zDYWvCcFF2_8.kv5iT3kmexEM

Estas xornadas forman parte dos tres obradoiros realizados para dar a coñecer a biodiversidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e contan co financiamento do Programa LEADER (2014-2015).

2ªactividade_Ría do Burgo 3ªactividade_Monte Xalo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s