Aberto o proceso de Convocatoria Pública para Uso nave no Viveiro Municipal de Empresas de Iñás para transformación agroalimentaria

Dende a Asociación Mariñas Betanzos estase a traballar na xeración de emprego, apoiando o emprendemento e a incorporación de novos activos á actividade agraria, no marco da agricultura ecolóxica e a recuperación dos cultivos tradicionais, mediante o desenvolvemento de actividades de acompañamento, aprendizaxe, titorización, do establecemento de relacións co sector, fundamentalmente coa pequena empresa agraria e a agroalimentaria así como as súas conexións co sistema galego de innovación. Tamén apoia pequenos proxectos encamiñados a potenciar a competitividade das pemes agroalimentarias do territorio, tentando incidir en aspectos como a optimización de procesos produtivos, novas producións e técnicas de elaboración, mellora enérxetica, reforzo da ligazón das producións co territorio….

A Asociación Mariñas Betanzos posúe, en calidade de cesión temporal, unha nave de 268 metros cadrados no Viveiro Municipal de empresas que o Concello de Oleiros ten no Polígono de Iñás (Oleiros – A Coruña), para o que abre un proceso de convocatoria pública para uso desta nave como “Viveiro de empresas”, xúntase como anexo as Bases da Convocatoria con máis información.

O obxectivo desta iniciativa é animar a incorporación de persoas na TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA, apoiando a formación e aprendizaxe.

Estas instalacións funcionaran como “viveiro de empresas” de maneira que as persoas emprendedoras poidan iniciarse na actividade DE TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA durante un período limitado de tempo (3 anos MÁIS 2 ANOS PRORROGABLES).

Dende a propia Asociación, neste viveiro prestaránse servizos de aconsellamento e asesoramento a emprendedores durante a súa estadia.

Se eres unha persoa emprendedora, está pode ser a túa oportunidade para iniciarte na actividade de TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA, para o que deberás presentar un modelo de solicitude que vai incorporado nas bases, indicando no asunto “Concurso de VIveiro de Emprendemento Hortícola”, acompañado de fotocopia de DNI, certificado de empadronamento e un Plan de Empresa coa túa proposta, sendo a data límite de presentación o 13 de xullo de 2015. iNFORMAR QUE ESTE CONCURSO TAMÉN VAI DIRIXIDO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS XA CONSTITUÍDAS.

Para máis información chama ao Equipo Técnico da Asociación Mariñas Betanzos no  981 669 541 e/ou info@marinasbetanzos.org

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS BASES DO CONCURSO: BASES CONCURSO PÚBLICO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s