Xornada de Voluntariado Ambiental: ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NA ÁREA LITORAL DA RÍA DE BETANZOS

O próximo sábado 13 de xuño, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos xunto co Concello de Sada organizan unha actividade de voluntariado no Porto de Sada, aberta a todo o público para a eliminación de especies exóticas invasoras na área litoral da ría de Betanzos.

Esta actividade promovida polo Concello de Sada   enmárcase no proxecto “Xestión Integradas das Zonas Costeiras na ría de Betanzos”, que conta co apoio dos Fondos Europeos de Pesca (FEP) do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro e que busca crear unha iniciativa piloto de xestión integrada na ría de Betanzos como mecanismo que asegure o desenvolvemento sostible da súa área litoral.

O obxectivo desta actuación busca difundir o coñecemento das especies exóticas invasoras e os danos que estas producen no medio ambiente. Para iso, coa axuda dos participantes na xornada, eliminaranse plantas de Cortaderia selloana (herba da Pampa ou plumacho), en parcelas do Porto de Sada.

Esta planta é unha das especies invasoras máis comúns e con maior perigo cara a biodiversidade no espazo litoral da ría de Betanzos.

A zona onde se vai a traballar funciona como foco de dispersión e invasión da herba da Pampa cara todo o ámbito territorial limítrofe, e en especial presenta un perigo potencial cara os espazos naturais que existen nas áreas próximas.

A xornada desenvolverase o sábado pola mañá de 10:00 a 13:30 horas.

Despois de recibir unha pequena charla introdutoria sobre a problemática ambiental das especies exóticas invasoras, comezarase cos traballos de corta e extracción destas plantas, para o que os voluntarios contarán coas ferramentas adecuadas.

Os participantes na actividade contarán cun seguro de responsabilidade civil e accidentes.

Para inscribirse será necesario chamar ao teléfono 981 669 541 ou mandar un correo co nome completo, a idade, un teléfono de contacto e o DNI a: info@marinasbetanzos.org.

Para máis información sobre o proxecto:  http://xizcriadebetanzos.wordpress.com

Cartel Voluntariado Ambiental

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s