Seminario Ideas Cara unha Xestión Integrada da Zona Costeira da Ría de Betanzos. 05/06/2015

Dende a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (Abegondo, A  Coruña), estamos poñendo en marcha o proxecto “Xestión Integrada da zona costeira na ría de Betanzos como ferramenta de desenvolvemento do concello de Sada”, iniciativa impulsada polo Concello de Sada e financiada con Fondos Europeos da Pesca (FEP) do Grupo de Acción Costeira 2 Golfo Ártabro.
Este  traballo busca crear un proxecto piloto de xestión integrada no ámbito da ría de Betanzos como mecanismo que asegure o desenvolvemento sostible da súa área litoral.

Os obxectivos principais do mesmo son: coñecer en detalle a situación do litoral da ría de Betanzos, liderar un proceso de definición de obxectivos entre todos os axentes implicados (turismo, medio ambiente, marisqueo,
empresas, administracións, etc.), promover a conexión social, a cooperación e a participación no proxecto, fomentar o aproveitamento sostible dos recursos naturais da ría, buscar sinerxías e complementariedades entre o sector turístico e o mariñeiro e promover a educación ambiental no litoral.

Dentro do proxecto estamos organizando unha serie de xornadas para dar a coñecer investigacións, proxectos, iniciativas sobre aproveitamento e xestión do litoral, tratando crear un debate sobre futuras liñas de traballo
e oportunidades que poden xurdir cunha xestión adecuada dos espazos costeiros e mariños da ría. As temáticas programadas estarán centradas en diversos enfoques da xestión integrada: ambiental, económico, empresarial, social, educativo, divulgativo e científico.

A próxima das xornadas está prevista que se desenvolva o próximo venres día 5 de xuño, en horario de mañá e tarde, no Salón de Plenos do Concello de Sada, sendo as temáticas principais a tratar: “Estratexias de dinamización nos espazos litorais” e “Propostas de futuro”.

Nesta xornada teremos representación da Federación Galega de Confrarías de Pescadores; do PN Illas Atlántias; de Babadiva Ambiental; do Ceida; da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”.
Para asistir envía un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org e/ou chama ao 981 669 541 (Inscricións de balde).
Preme no seguinte enlace para descargar o Programa:
As inscricións son de balde, e se poden facer ben a través do teléfono 981 669 541 e/ou info@marinasbetanzos.org
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s