Ferramentas de emprendemento na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Dende a Asociación Mariñas – Betanzos, entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, vense traballando no apoio a novos proxectos de emprendemento ligado ao aproveitamento sostible dos recursos locais. “O emprendemento verde”, como medio para acadar un desenvolvemento socioeconómico sostible do territorio, constitúe unha das grandes apostas da Reserva da Biosfera.
Os obxectivos deste Seminario serían: dar a coñecer as iniciativas postas en marcha dende a Reserva da Biosfera para promover a xeración de iniciativas emprendedoras ligadas ao sector agroalimentario; Presentar a Bolsa de Terras da Reserva a propietarios de terras infrautilizadas para a súa inclusión na mesma; Presentar o itinerario de emprendemento no territorio.
Esta xornada organizada polo GDR Mariñas – Betanzos, coa colaboración da Asociación Cultura Aberta de Carral, o  Concello de Carral e a entidade bancaria de Carral La CAIXA, celebrarase na Aula da Cultura de Carral (Paleo, nº 17 15175 Carral – A Coruña) a partir das 18.30 horas.
As inscricións deberán facerse no correo electrónico info@marinasbetanzos.org e/ou no teléfono 981 669 541.

PROGRAMA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s