Presentación do Programa de Seguimento Fenolóxico “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” contra o cambio climático

O próximo xoves 22 de xaneiro ás 17.30 horas na Aula da Natureza “Muíño Vello de Arteixo”, presentarase o Programa de Seguimento Fenolóxico dentro da Rede Española de Reservas de Biosfera.

O principal obxecto deste Programa consiste en avaliar a través de estudos fenolóxicos, os efectos do cambio climático, involucrando no seu desenvolvemento aos diferentes sectores da sociedade: xestores, profesionais, profesores, escolares, agricultures, gandeiros, entidades medioambientais e público en xeral.

Con todo este traballo, fomentarase dunha maneira pioneira a sensibilización da sociedade hacia a Reserva da Biosfera e se promoverá a participación da cidadanía en proxectos comúns.

No seguinte enlace pódese descargar un resumo deste Programa de Seguimento Fenolóxico:

PROGRAMA SEGUIMENTO FENOLÓXICO

Por outra banda, na páxina web da Rede Española de Reservas de Biosferas pódese participar de forma voluntaria neste Programa.

Para poder participar neste seguimento e introducir datos fenolóxicos de especies na Rede Española de Reservas da Biosfera, haberá que rexistrarse ou introducir datos de usuario e contraseña no seguinte enlace da páxina web:

RED ESPAÑOLA DE RESERVA DE BIOSFERAS 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s