Seminario Xestión Integrada do Litoral como ferramenta do desenvolvemento do Concello de Sada

O Concello de Sada coa colaboración da Asociación Mariñas – Betanzos, organiza para o martes día 28 de outubro o Seminario “Xestión Integrada do Litoral como ferramenta de desenvolvemento do Concello de Sada”, que se celebrará a partir das 10.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Sada (Antiga Axudantia da Marina. Avda. do Porto, 24 15160 Sada – A Coruña).
A preocupación por reforzar o crecemento do seu territorio levan aos responsables do Concello de Sada a promover o proxecto centrado na “Xestión Integrada da Zona Costeira”, co obxecto de mellorar as condicións ambientais futuras da ría de Betanzos, afianzar o carácter sostible dos seus recursos e a adquisición de novos compromisos medioambientais, procurando a creación de emprego a través de novas oportunidades. Ao mesmo tempo, cómpre destacar a integración da área de actuación dentro do territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, entre cuxos obxectviios están os de conxugar a integración da poboación e da natureza, a fin de promover un desenvolvemento sostible mediante a participación, o intercambio de coñecementos e a capacidade de adaptación da sociedade.
Neste Seminario presentarase este proxecto do Concello de Sada; así como contaremos con representantes da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e Mar; do Comité Español da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN); da Estación de Bioloxía Mariña A Graña da USC; Recursos Mariños de O Canto da Balea e do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) que nos aportaran o seu punto de vista dende diferentes ámbitos da Xestión Integrada do litoral.
Este seminario está dirixido principalmente a administracións con competencias, empresas ligadas ao mar, organizacións ambientalistas, restauración, confrarías e público en xeral.
As inscricións son de balde, e para elo deberán enviar un mail a info@marinasbetanzos.org cos seus datos para confirmar a asistencia ou ben chamar ao 981 669 541 (Miguel Fernández/Isabel Eiriz).
DESCARGA O PROGRAMA NO SEGUINTE ENLACE: PROGRAMA SEMINARIO
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s