Apertura da convocatoria para a presentación de solicitudes de axuda do Programa LEADER Galicia 2007-2013 xestionado pola Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos. Anualidades 2014-2015


A partir de mañá pódense solicitar axudas ao Programa LEADER:  Dende O GDR Mariñas – Betanzos queren animar a todos os emprendedores e empresariado do territorio, con algunha idea de negocio, a que se informen na súa sede sobre os requisitos e procedemento destas axudas, das que está aberta a convocatoria ata o día 31 de marzo de 2015.

– Dispoñibilidade financeira para a aplicación da estratexia: 1.919.146,44€*

·                             
                                  ANUALIDADE 2014: 862.260,91 euros
                     
                      ANUALIDADE 2015: 1.056.885,53 euros

– Prazo presentación das solicitudes de axuda:
               Dende o 2 de abril de 2014 ata o 31 de marzo de 2015 (ou que se comprometan os fondos dispoñibles antes desta data)

– Novidades salientables: consultar bases, descargar formularios e máis información no seguinte enlace:
·         Exclusión da elexibilidade de proxectos produtivos nos polígonos empresariais, coa excepción de actividades do sector agroalimentario nos seguintes epígrafes do I.A.E., que serán elixibles:
A.    Industrias de produtos alimenticios e bebidas. Agrupación 41
B.    Industrias de outros produtos alimenticios, bebidas e tabacos. Agrupación 42

·         Actividades a excluír en todo o territorio como subvencionables:
Proxectos de creación, ampliación e modernización das seguintes actividades deportivas:
A.   Campos de Gof, mini Golf e asimilados.
B.   Ximnasios.
C.   Padel, tenis e frontón.
– Límites de axuda pública máxima:

·         PROXECTOS PRODUTIVOS: 40.000 €

·         PROXECTOS NON PRODUTIVOS: 140.000€


Máis información:
Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos
San Marcos, s/n – 1º andar (Antiga Cámara Agraria)
15318 Abegondo – A Coruña
Tlfno. 981 669 541

*O importe dispoñible para esta convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir resolución de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s