XIII Reunión del Comité Español del Programa MaB (Hombre y Biosfera) de la UNESCO.

O Comité español do Programa MaB (Hombre y Biosfera) da Unesco aprobou na súa XIII Reunión  dúas propostas de novas reservas da biosfera, sendo unha delas a de “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”
A proposta das reservas Mariñas Coruñesas e Terras do Mando, ten unha superficie total de 116.724 hectareas, das que 2.754 son mariñas. “Este espacio alberga unha amplia representación de paisaxes, hábitats naturais e seminaturais, e especies protexidas, representativos da rexión bioxeográfica atlántica”.
Nesta reunión asistiron directores xerais competentes das comunidades autónomas que contan con reservas da biosfera, e cos representantes dos Consellos Xestores e Científico do propio Comité, xunto aos das organizacións ambientais, sindicatos, organizacións agrarias e empresariais, municipios e provincias.
O veredicto final desta proposta será en Paris estando previsto a resolución, para o mes de abril de 2013.
A dirección e xestión desta futura reserva, da que “Mariñas – Betanzos” é a máxima impulsora deste proxecto, recaerá tanto nas administracións públicas como no tecido asociativo da comarca. Será xestionada polo chamado Consello de Dirección. Así, o órgano de goberno estará formado por un representante da cada un dos 18 municipios que conforman a reserva, oito representantes de carácter social e económico, catro representantes da Xunta, catro da Deputación Provincial da Coruña e un membro do Consorcio das Mariñas.
O GDR Mariñas – Betanzos agradece a colaboración proporcionada pola Deputación Provincial da Coruña, que financiou a elaboración do proxecto. A redacción do mesmo correu a cargo do CEIDA, en conxunto cos técnicos de Mariñas – Betanzos e a Universidade de Santiago de Compostela.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s