MARIÑAS – BETANZOS PON EN MARCHA PARCELAS EXPERIMENTAIS PARA RECUPERAR CULTIVOS TRADICIONAIS

Mariñas – Betanzos avanza na creación de oportunidades para a diversificación agrícola e na xeración de novas oportunidades para o emprego no sector agrario en Galicia.
O pasado luns 7 de marzo, o Presidente do GDR Mariñas – Betanzos e Alcalde do Concello de Abegondo, fixo entrega de casi 2000 sementes a unha veintena de produtores agrícolas que están participando no proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”, co obxecto de poñer en marcha as parcelas experimentais.
Para tal fin, cederónse 674 sementes de Repolo de Betanzos, 410 sementes de Pimento de Punxín, 232 de Pimento de Oimbra, 254 de Tomate Negro de Santiago e 220 de Tomate Abuela de Osedo e se asinaron os acordos de colaboración cos produtores.
Con estas parcelas experimentais que se porán en marcha, seguirase a evolución dos cultivos, servirán de modelo para todos os interesados en incorporarse á actividade agrícola e en diversificar as súas producións.

Estas parcelas poderán ser visitadas polas empresas transformadoras e comercializadoras que poderán comprobar in situ o desenvolvemento destes cultivos. Finalmente impartiránse unha serie de xornadas gastronómicas/catas, dando a coñecer todas as propiedades dos froitos obtidos.
Advertisements

Un comentario en “MARIÑAS – BETANZOS PON EN MARCHA PARCELAS EXPERIMENTAIS PARA RECUPERAR CULTIVOS TRADICIONAIS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s