Onte día 15 de abril celebrouse a inauguración das “I Xornadas da Tenreira Cachena no Eume” organizadas pola Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (TUREUME), onde se deu a coñecer as distintas razas autóctonas de vacún de Galicia así como do norte de Portugal, definindo as súas características propias, facendo fincapé na raza Cachena e a súa crianza. Así mesmo se falou da orientación e aptitude para a gastronomía desta raza.
José A. Meijide falou da situación actual dos Viños da Terra de Betanzos, e da súa diferenciación ao dispoñer de castes autóctonas como o Blanco Lexítimo e o Agudelo.
Finalmente se procedeu entre os asistentes a unha cata de pratos preparados con Cachena e acompañados de Viño da Terra de Betanzos,de Adegas Beade(Paderne).
Estos pratos se poderán degustar durante as vindeiras semanas nos restaurantes que están participando nestas Xornadas que durarán ata o día 02 de maio: Casa de Sixto (Paderne); Andarubel (Pontedeume); A Pitanza (Pontedeume); La Solana (Cabanas); Casa Garbana (Vilarmaior); Cinco Jotas (As Pontes); Peizas (A Capela) e Restaurante A Palma (A Capela).
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s