CELEBRACIÓN DAS I XORNADAS DE VITICULTURA E DESENVOLVEMENTO RURAL

O pasado día 07 de abril, celebráronse con grande afluencia de público en Betanzos as I Xornadas de Viticultura e Desenvolvemento Rural, onde se explicaron os pasos que se están a seguir no proceso de legalización das variedades branco lexítimo e agudelo por parte da Oficina Española.
Estas xornadas que foron inauguradas pola Alcaldesa de Betanzos, María Faraldo Botana, pola Directora Xeral de Innovación e Industrias, Alejandra Alvarez de Mon Rego e polo Presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, serviron tamén para presentar os estudos que, impulsados pola Fundación Juana de Vega se están realizando en “Viño da Terra de Betanzos”, sobre as variedades autóctonas Branco Lexítimo e Agudelo.
Os relatores que participaron nestas xornadas foron:
  • Pedro Miguel Chomé Foster. Xefe do Área de Recursos Fitoxenéticos da Oficina española de Variedades (M.A.R.M.)
  • Juan Carlos Alonso. Consellería de Medio Rural
  • Fernando Benayas Sainz de Rozas. Director do Centro de Ensaios de Avaliación de Variedades de Murcia.
  • Mª Carmen Martínez Rodríguez. Investigadora Científica responsable do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia.
  • Ignacio Orriols Fernández. Director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s