O CONCELLO DE MIÑO ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA DO PROGRAMA LEADER


O mércores día 07 de outubro de 2009, o Concello de Miño organizou unha xornada informativa do Programa LEADER 2007-2013, impartida polos técnicos do Programa que xestiona a Asociación “Mariñas – Betanzos” e dirixida ás micropemes, pemes, asociacións de veciños, culturais,… do Concello de Miño. Esta charla tivo lugar no Auditorio Municipal do Centro Social da Rúa.
Nesta mesma xornada o Equipo Técnico de “Mariñas – Betanzos” tamén deu información das liñas de axuda do Fondo Europeo de Pesca, onde o Grupo de Acción Costeira Nº2“Golfo Ártabro” xestiona o programa. Estas axudas están dirixidas a mellorar e diversificar as Comunidades Pesqueiras do ámbito territorial dos concellos de Ares, Arteixo, Bergondo, Cabanas, Cambre, Culleredo, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Narón, Oleiros, Paderne, Pontedeume e Sada.
Na charla tamén participaron o Concelleiro responsble da Área de Benestar Social e Igualdade, D. Jesús Veiga Sabín e o Concelleiro responsable da Área de Cultura, D. Antonio Bernardo López.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s