REUNIÓN DA MESA SECTORIAL DO MEDIO AMBIENTE "MARIÑAS – BETANZOS"


O pasado mércores 23 de setembro, no salón de actos do CEIDA (Oleiros) A Asociación “Mariñas – Betanzos” ten celebrado unha reunión con todos os socios integrados na mesa sectorial do medio ambiente, así como outros organismos interesados.
Nesta xuntanza se informou a todos os asistentes do Programa LEADER 2007-2013, cuxo obxectivo principal e dar a coñecer o Programa LEADER tanto a poboación en xeral como ós potenciais beneficiarios de axudas.
Tamén se aproveitou esta xuntanza para presentar as liñas de axuda do Fondo Europeo de Pesca onde o Grupo de Acción Costeira Nº2 “Golfo Ártabro” colabora na súa xestión. Estas axudas están dirixidas a mellorar e diversificar as Comunidades Pesqueiras do ámbito territorial dos concellos de Ares, Arteixo, Bergondo, Cabanas, Cambre, Culleredo, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Narón, Oleiros, Paderne, Pontedeume e Sada.
Por outra banda, o Director Técnico do Proxecto LIFE+ “Aqua Plann Project” de Abegondo, presentou ós asistentes o proxecto liderado polo Concello de Abegondo: “Xestión Integrada dos Recursos Hídricos e a súa aplicación no planeamento local do L.I.C. Abegondo – Cecebre (Aqua-Plann Project”, que foi aprobado polo Comité do LIFE+ no mes de xullo de 2008. Este proxecto a desenvolver entre os anos 2009 e 2011, permitirá afondar no desenvolvemento da Directiva Marco da Auga na comarca dos ríos Mero-Barcés, mellorando a xestión dos recursos hídricos e a súa gobernanza, trasladando todo isto á cidadanía.
Tamén ten informado quen este mes de setembro, se ten asinado o convenio de colaboración entre os socios de “Aqua Plann Project”. Concretamente asinaron este convenio o Alcalde de Abegondo, Os Conselleiros de Ambiente e Medio Rural da Xunta de Galicia, a Presidenta de Augas de Galicia e o Director Xeral de Ecmalsa.
A sinatura deste documento asegura o financiamento necesario para levar a cabo as accións do proxecto e compromete ao Concello de Abegondo, Augas de Galicia, Consellería do Medio Rural e Emalcsa a poñer todos os medios necesarios para acadar as metas definidas na candidatura aprobada pola Comisión Europea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s