PRESENTACIÓN PÚBLICA IMAXE CORPORATIVA E MATERIAL PROMOCIONAL "MARIÑAS – BETANZOS"


O Martes 15 de setembro de 2009 o Presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, presentou ós medios de comunicación a imaxe corporativa da entidade, ademais do material de difusión elaborado pola Asociación para dar a coñecer os seus fins.

Así, Santiso que estivo acompañado polo Vicepresidente da Asociación e Alcalde de Paderne, Cesar Longo e da Secretaria da Asociación Concepción Lema Torre, membros da Xunta Directiva e socios de “Mariñas – Betanzos”, así como polo xerente do Programa LEADER, Jorge Blanco, deu a coñecer o logotipo e a cartelería, o stand portátil e trípticos que axudarán a espallar este Programa de Desenvolvemento, xestionado pola Asociación “Mariñas – Betanzos” e que ten como principal obxecto mellorar o medio rural.

O presidente da Asociación tamén indicou que se está a ultimar a web da Asociación, estando de momento en servizo cun enlace ó blog: http://gdr29.blogspot.com, na que se poden consultar toda a información relativa sobre a marcha do programa Leader 2007-2009 e da Asociación. Nesta mesma dirección xa se pode consultar a “Guía para Emprender” da Asociación, un documento no que se sinalan as principais ferramentas de apoio aos emprendedores que estean interesados en participar cos seus proxectos neste programa europeo.

Canto a imaxe corporativa, o Vicepresidente da entidade e Alcalde de Paderne, Cesar Longo Queijo, sinalou que foi un traballo da empresa “Idea, Creatividad, S.L., e que o logotipo representa un carballo en cor verde e de que nas súas polas representan cada un dos concellos integrados na Asociación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s